Obradoiro: "A miña primeira xoia" Primaria
O alumnado de primaria non quería quedarse sen experimentar co fimo despois de ver as marabillas que o alumnado de infantil fixo coa artista vilargarciana Ana Miguéns .
O pasado xoves puidemos gozar deste obradoiro e realizamos as nosas primeiras xoias coa arxila polimérica.
Foi unha experiencia moi interesante e houbo deseños fantásticos!
Mil grazas de novo a Ana que pasou unha mañá intensa co noso alumnado.