Obradoiro: "A miña primeira xoia"
Dentro do proxecto "Sabela coñece Galicia" un dos aspectos que traballamos é a artesanía.
Este venres o alumnado de infantil tivo a sorte de contar coa artista vilagarciá Ana Miguéns para realizar o obradoiro "A miña primeira xoia".
Todas as xoias de Ana representan un aspecto da arte, a vida e a cultura galega por iso non poderiamos ter unha mellor representante da estupenda artesanía que se fai na nosa terra.
Ana explicoulles aos máis pequenos como traballar co Fimo (arxila polimérica) e despois de modelar a arxila e cocela no forno, cada un montou un colar chulísimo que levaron para a súa casa xunto co seu diploma de ter participado no obradoiro.
O alumnado de primaira está desexando que volva para poder deseñar as súas xoias.
Mil grazas Ana pola túa dedicación e cariño.
REPERCUSIÓN NOS MEDIOS
05/04/19 - Canal Rias Baixas - O alumnado do CEIP de Rubiáns coñece Galicia