Muller tiñas que ser!
Un dos alicerces da nosa escola é Educar en Igualdade.
Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.
Por iso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia") tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.
Escollemos os nomes de, entre outros, o libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.
"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"