Skip to Content

Sello de Vida Saudable

O Ministerio de Educación e Formación Profesional, a través da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, ven de recoñecer o traballo realizado no noso centro para o fomento de hábitos de vida saudables, tanto por medio da actividade física como da alimentación, coa concesión do "Sello de Vida Saludable", en resolución do 25 de xuño. 

O programa "Ponte as pilas e móvete" leva en marcha no noso centro dende hai varios anos, crecendo cada curso un pouquiño máis e sempre buscando motivar e incentivar a actividade física e o establecemento de hábitos alimenticios saudables a través de diversas actividades coma o consumo de froitas, hortalizas e produtos do mar e o coidado do horto escolar, que nos permite achegarnos á produción ecolóxica e ao coidado do medio.

Neste punto, compre agradecer a todas as persoas e entidades que ano tras ano colaboran connosco, ben a través de achegarnos os seus produtos, ben con vales para realizar diferentes actividades deportivas; así coma os hosteleiros locais que colaboran con Chef de Rubiáns.

Cómpre lembrar, que este curso a aula de 4 anos obtivo o 2º premio no concurso "Chefs Saudables" (convocado pola Consellería de Sanidade) e o premio "Fai Eco do Lóxico" (promovido polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). Así mesmo, o alumnado de 4º e 5º de educación primaria mostraron o traballo realizado no centro no I Congreso Aliméntate ben, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

03/07/18 -FARO DE VIGO -  Premian el fomento de hábitos saludables del colegio de Rubiáns.

 



page | by Dr. Radut