Skip to Content

Prazas de comedor

Ante a maior demanda de usuarios do servizo de comedor que número de prazas ofertadas, vémonos na obriga de proceder a facer un baremo para adxudicalas seguindo a Instrución 2/2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U., do 4 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2018-2019.

O punto 6 das citadas instrucións establece que os criterios de baremación seguirán esta orde de preferencia:

1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.

 

2. Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 3/2018 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura,  Educación e Ordenación Universitaria, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2018-2019.

 

3. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

 

4. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

 

5. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente mediante documento expedido para o efecto polas/os respectivos empregadoras/ores, xunto cunha copia dos contratos de traballo, polas altas censuais iniciais ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e as modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Segurida de Social no réxime correspondente, de habelas, e polas certificacións expedidas polas xefaturas de persoal correspondentes.

 

6. Outro alumnado do centro. Neste suposto atópanse os escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.

O alumnado que solicita praza no comedor e non era usuario o curso pasado debe aportar a documentación xustificativa dos puntos alegados no prazo de 10 días laborais, é dicir como máximo o luns 16 de xullo, en horario de 9:30 a 14:00 horas.



page | by Dr. Radut