Parabéns!!!
Os nenos de 4 anos están dobremente de noraboa.
Hai uns días comunicávannos que o seu vídeo "Pizza Vegetal" foi seleccionado como 2º premio no concurso "Chefs Saudables", organizado pola Consellería de Sanidade dentro do Plan Xermola do Plan Proxecta.
Agora ademais, son os gañadores do concurso "Fai eco do lóxico" organizado polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), dentro do Plan Proxecta "Aliméntate ben" cun vídeo sobre "O horto de Sabela".
Parabéns!!!! Xa vedes que alimentarse ben sempre ten premio.