AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020
A Orde do 3 de maio de 2019, publicada no DOG de 20 de maio, regula:
a) Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
b) Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP e EE.
c) Axudas para adquirir material escolar: EP, ESO e EE.
d) Axudas para adquirir material escolar: Cursos de E-DIXGAL
Presentarase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20.
PRAZO DE PRESENTACIÓN de solicitudes: remata o 20 de xuño.
Tal e como establece a Orde anteriormente citada, “as solicitudes presentaranse PREFERIBLEMENTE por vía electrónica nos formularios normalizados disponibles na aplicación informática [fondolibros](https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).OPCIONALMENTE, poderanse presentar presencialmente nos centros ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.”
No caso no que as solicitudes presentadas no centro, deben ser entregadas directamente en secretaría polos proxenitores ou titores legais do alumno solicitante.
O horario de entrega é:
luns de 13:10-14:00h
martes de 14:00- 14:50h e de 16:00-17:00h
mércores de 9:50-10:40h
xoves de 9:50-10:40 e de 14:00-14:50h
venres de 14:00-14:50h.
DOCUMENTACIÓN
Xunto coa solicitude presentarase orixinal e copia da seguinte documentación:
a) a)
ANEXO II debidamente cumprimentado
b) b)
Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, non coincide coa reflectida no libro, acreditarase o número de membros da unidade familiar mediante:
· Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
· Certificado ou volante de convivencia.
· Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente, que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade.
d) No caso de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa
e) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa resolución xudicial.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO (3º, 4º, 5º e 6ºEP) (ESO, consultar datas nos IES):
*26 de xuño: Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e outra de excluídas, indicando a causa.
*27 e 28 de xuño: Reclamacións.
*29 de xuño: Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía das axudas por alumno/a, será nas seguintes contías, segundo a renda per cápita familiar no 2017:
|
INGRESOS |
EP |
ESO |
Préstamo de libros de texto 3º, 4º, 5º e 6º EP |
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ |
6 libros |
6 libros |
Renda per cápita familiar superior a 5.400€ ata 9.000€ |
4 libros |
4 libros |
|
Adquisición de libros de texto 1º e 2º EP |
Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400€ |
170€ |
180€ |
Renda per cápita familiar superior a 5.400€ ata 9.000€ |
90€ |
104€ |
|
Material escolar (todos os niveis) |
Renda per cápita familiar ata 5.400€ |
50€ |
50€ |
RENDA PER CÁPITA FAMILIAR
Para determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2017 e o exercicio fiscal 2017.
A renda familiar obtense sumando as rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do IRPF.
Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda de 2017, sumarán os recadros 415 (base impoñible xeral) e o 435 (base impoñible do aforro) da declaración; cando non a presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Membros computables da unidade familiar:
a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.
b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.
c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.
e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.
f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.
Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.
Non terá a consideración de membro computable:
a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.
b) O agresor nos casos de violencia de xénero.
OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18.
2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este.
3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro no que estea matriculado o alumnado.
4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite.
5. Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ANEXOS SOLICITUDE AXUDAS.pdf | 2.32 MB |