Skip to Content

Chef de Rubiáns 2018

Por terceiro ano consecutivo celebramos unha actividade que nos encanta, "O Chef de Rubiáns".

Este ano, enmarcado no proxecto de Historia centramos as nosas receitas nos cereais, empregados dende a prehistoria como base fundamental na alimentación ao longo dos séculos.

Contamos, como o ano anterior, coa inestimable axuda de Ricardo Santamaria, presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI).

O alumnado de 6º curso é o principal protagonista nesta actividade e convértense en "chefs" para o resto do cole.

Richard trouxo un montón de fariñas diferentes e explicounos as diferenzas que hai entre os distintos tipos: trigo, millo, espelta, trigo sarraceno, centeo..., fariñas ecolóxicas... que era o pan ácimo (o que non leva lévado) e moitas cousas máis.

Aprendemos, que a pesares da mala fama que teñen os productos con fariña, estes non son malos nutricionalmente falando, se empregamos as fariñas e os ingredientes axeitados.

Coñecemos os "bolos de pote" que non sabiamos o que era, e fixemos uns cantos para poder probalos.

No curso pasado aprendemos a importancia de consumir productos do mar polo que tamén elaboramos un pate de mexillóns que estaba moi bo.

Cando tiñamos todo preparado, xunto coas empanadas de millo e trigo que tiñamos preparadas recibimos ao resto do alumnado para explicarlles tamén a eles

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

080518-Canal Rías Baixas - Rubiáns presume de chefs coas mans na masa

090518 - Faro de Vigo - Rubiáns presume de pequenos panadeiros



page | by Dr. Radut