Eventos
Celebraremos o Día de Rosalía cun fragmento dun poema de Cantares Gallegos nunha cantiga popular que todos coñecemos: O moucho.
Ademais, un pai duns alumnos do centro achegaranos o son da gaita e nos dará a coñecer o traxe do gaiteiro. Estará acompañado dunha pandeireta e un tambor.
Ina vó dunha alumna do colexio explicaranos como se vive a emigración, xa que Galicia é un país de emigrantes.
Celebramos o Entroido!
Hoxe celebraremos o Entroido, se o tempo o permite diante do Centro Cultural onde cantaremos unhas coplas para as familias. No centro compartiremos unha merenda de doces típicos do Entroido.
O alumnado de 6º aprenderá diferentes maneiras de enfrentarse a un posible conflito.
Festivo
O alumnado de 1º, 2º e 3º visitará o Museo Provincial
O alumnado de 5º terá a sorte de participar nun obradoiro de iniciación á tecnoloxía en Igualdade, do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades.
Visita a Portonovo: porto, lonxa, redeiras.