Responder ó comentario
O Chef de Rubiáns
O venres celebramos o Día Europeo do Mar por todo o alto. Comezamos coa lectura duns poemas do poemario "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro mentres viamos unhas imaxes do mar. Despois, tivemos a oportunidade de ver como Richard (presidente de AHITUVI) cociñaba uns mexillóns salteados con verduriñas, mexillóns á vinagreta e polbo á grella con cebola caramelizada.
Seica a mellor maneira de animarnos a consumir produtos do mar é dándonolos a probar, así que para rematar puxémonos as botas cos pratos que nos cociñaron os nosos compañeiros maiores: polbo á feira, mexillóns á vinagreta, tostas de xoubiñas e tostas de atún con maionesa. Que rico estaba todo!
Estámoslles moi agradecidos ás empresas e entidades que colaboraron para que esta actividade fose posible: Mariscos Gilmar, Mexillón de Galicia, Conservas Roma e AHITUVI entre outros.
Repercusión nos medios.