Responder ó comentario
Teño unha pregunta para vostede!
No CEIP de Rubiáns seguimos coñecendo a mulleres cun traballo relacionado co mar. Agora, cada clase ten que facerlle unha entrevista a unha muller reflexando a situación en diferentes sectores e o alumnado de 6º elixiu facerlle a súa entrevista á Dona Rosa Quintana, co pensamento de que cabía a posibilidade de que non puidese atendelos. E tanto non foi así que decidiu vir ao noso centro para que lle fixeran aquí a entrevista.
Que interesante foi para todos nós! Descubrimos que detrás dunha política hai moito traballo, dedicación e esforzo, e que -coma nos demais traballos- quen máis o nota é a familia, que ten que compartila.
A Sra. Quintana explicounos que a pesares de que se cre que o mar é un mundo de homes ela nunca tivo problemas no seu traballo por ser unha muller. Tamén soubemos que están a traballar para reducir a desiguldade e que as mulleres poden adicarse profesionalmente ao traballo nas confrarías dende hai ben pouco tempo, pois antes non podían facelo a pesares de formar parte dela ou que as mulleres agora xa poden enrolarse nos barcos, pois antes críase que traía mala sorte ter unha muller a bordo.
Despois da entrevista todo o alumnado entrou na sala para agasallar á nosa convidada cunha canción composta por eles.
Foi unha experiencia moi enriquecedora a vivida hoxe no noso colexio e non a esqueceremos xamais. Tomámoslle a palabra e devolverémoslle a visita no seu despacho.
Moitas grazas!
Repercusión nos medios:
21/04/17 - A Revista TVG - minuto 22:15 a 25:42
20/04/17 - Diario de Arousa - Rubiáns descubre cuando Rosa Quintana vió por primera vez el mar.
20/04/17 - Faro de Vigo - "Sabela e o mar" llevan a Rosa Quintana a Rubiáns.
19/04/17 - Informatios TVG: Nenos de 6º de primaria entrevista á Conselleira do Mar.
19/04/17 - Diario de Arousa. Os nenos do colexio de Rubians cántanlle á Conselleira do Mar.
19/04/17 - La Voz de Galicia. Rosa Quintana se somete a las preguntas de los niños de Rubiáns.
19/04/17 - galiciaconfidencial.com