Responder ó comentario
Autorización uso do transporte escolar curso 2024/2025
Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, Considérase usuario NON lexítimo e, polo tanto, debe entregar esta autorización, aquel alumnado con domicilio de residencia ou laboral a menos de 2 km ou aquel que resida fóra da zona de influencia do centro, é dicir fóra dos límites das parroquias de Cea e Rubiáns.
A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.
O prazo para entregar a documentacion remata o xoves, 5 de setembro de 2024.
O horario de entrega da documentación será:
Do 2 ao 12 de xullo: de 10 a 13 horas.
Do 2 ao 5 de setembro: de 10 a 14 horas.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Autorizacion uso transporte escolar.pdf | 101.83 KB |