Responder ó comentario
Camiño de Santiago
O alumnado de 5º e 6º cargados de ilusión marcharon ben cediño para facer a última etapa do Camiño de Santiago, polo Camiño Sanabrés, dende a Capela de Outeiro ata a Catedral. Marchamos con moita enerxía nun principio e, aínda que as forzas foron quedando polo camiño, chegamos ao Obradoiro exultantes. Algunha bágoa de emoción rodou polas meixelas!
Visitamos o Pórtico da Gloria; que bonitiño está despois da restauración! E tamén entramos na Catedral (moitos de nós por 1ª vez) pola Porta Santa. Despois de dar unha volta por dentro, baixar a ver o sepulcro e atender ás explicación sobre o botafumeiro ou o órgano saímos pola Quintana e de seguido en busca do autobús pois xa nos quedaban poucas baterías.
Tiñamos moitas ganas de chegar a Rubiáns. A pesares do cansancio foi unha xornada de convivencia e esforzo moi positiva, que esperamos poder repetir en cursos vindeiros.