Responder ó comentario
O MAGOSTO
O 15 de novembro celebramos no noso colexio a festa do magosto, durante o recreo, como tódolos anos, Merchi asou as castañas e despois fomos por cursos a metelas nos nosos cartóns de leite reciclados e algúns decorados polas familias, e sentámonos a degustalas. Logo recollimos as cáscaras para que o patio quedara llimpo de lixo e fixemos xogos populares como as carreiras de sacos, a petanca, a corda e outros onde a castaña foi protagonista, como intentar metela nunha roda, levala cunha culler durante un curto traxecto sen que se caera e outros moitos que o profe Breogan nos amosou.
Deixovos un enlace coa canción do magosto que nos fixo chegar unha ´nai; ide aprendendo para poder cantar o venres.
https://www.youtube.com/watch?v=3N6uJNT8i1M&feature=youtube_gdata_player