Skip to Content

Responder ó comentario

Matrícula: novos prazos

Reanúdase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021. O alumnado que xa pertence ao centro non ten que realizar ningún trámite, así coma as familias que xa entregaron a documentación ao comenzo do proceso.

 

PRAZOS

Presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos incluídos. Recoméndase facelo, preferentemente, de xeito telemático na aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación, ou de maneira presencial no centro. Ademais, deste modo, poden consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 26 de maio.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 9 de xuño.

Reclamacións ás listaxes provisionais: 3 días hábiles contados desde o seguinte día de publicación das mesmas.

Publicación das listas definitivas: ata o 26 de xuño.

Formalización da matrícula: do 1 ao 10 de xullo.

 

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN NA ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN:

Buscando tanto a vosa seguridade coma a nosa, establecemos o seguinte protocolo de actuación na recollida de documentación para este proceso:

  • A atención ás familias realizarase en horario de 10:00 a 14:00 sempre con cita previa, que poderán solicitar a través de:
  • Teléfono: 886 151 853
  • correo electrónico: ceip.rubians@edu.xunta.es
  •  As familias seredes citadas en intervalos de 15 minutos. Prégase puntualidade para evitar contacto entre familias. Só poderá acudir unha persoa a entregar a documentación, tal e como recolle a normativa de mobilidade durante a fase do estado de alarma na que nos atopamos.
  • Ao chegar ao centro haberá unha mesa na entrada que garantirá a distancia de seguridade, e na que seredes atendidas.
  • Deberedes depositar a documentación nunha bandexa que atoparedes na mesa.
  • Disporedes de hidroxel para empregar antes de entregar a documentación e tras recoller  o xustificante de entrega.
  • A Xunta estableceu que os usuarios dos edificios administrativos non poden empregar o material de oficina dos empregados públicos, polo que deberedes traer un bolígrafo por se fose preciso cumplimentar ou asinar algo que quedase pendente. Tamén recomendamos que consultedes toda a infprmación que precisedes por vía telefónica ou correo electrónico para que a documentación estea correcta.

 

INFORMACIÓN

Pódese consultar toda a información sobre a matricula (documentación, lexislación..) neste enlace.

 

NORMATIVA APLICABLE Á REAPERTURA DE PRAZOS:

  • RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.
  • Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Responder



by Dr. Radut