Skip to Content

Responder ó comentario

Entroido 2020

Xa sabedes que en Rubiáns gústanos o Entroido e este ano tivemos un.... de cine!!!

O cole encheuse de personaxes de películas e ata o centro cultural desfilaron uns simpáticos Olaf da película Frozen, que a pesares da calor que ía, resistiron sen derreterse. Ían seguidos duns entusiastas Russel, os velliños Carl e un vistoso paxaro chamado Kevin da película Up. Detrás, unha morea de dálmatas vixiados de cerca por Cruella de Vil, que non lles quitaba ollo, escenificaban 101 Dálmatas. Seguíanos uns ananiños moi simpáticos chamados Munchkins que acompañaban a Dorothy, da película O mago de Oz. Moi de cerca estaban un montón de Charlot, protagonistas de tantas e tantas pelis de cine mudo. Despois ían unha morea de Pedro Picapedra, protagonista indiscutible de Os picapedra, que ían acompañados de Betty e Pebbles. Os máis aparatosos sin duda foron os protagonistas da película Lego, cada quen amosou enxeño e creatividade para crear a súa personaxe. Un grupo moi variado de animais acompañaba ao Dr. Dolittle, parecían un auténtico zoo. E cerrando o desfile ían Os Vingadores, superheroes e superheroínas que coidaba de todos nós. 

Tampouco faltaron á festa, unha pirata de Piratas do Caribe; a Raiña de Corazóns co seu soldado carta de Alicia no País das Marabillas; Dori, de Nemo; e ata Fiona e Shrek!

Ao chegar ao centro cultural cantamos a canción "De ellos aprendí" e unha adaptación de "Eu vou a ser o Rei León" ante un público entregado aos artitas.

De volta ao cole, degustamos unha estupenda merenda chea de doces típicos destas datas.

 

Grazas ás familias por tan ricos doces!

 

Responder



by Dr. Radut