Skip to Content

Responder ó comentario

INFORMACIÓN AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL (CURSO 2019-2020)

O día 10 de xuño ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de axudas á Educación Infantil no curso 2019/20, financiadas polas concellerías de Educación  e de Benestar Social, que foron publicadas no BOP da Deputación de Pontevera o 6 deste mes.

A axuda é de 60 €.

Establécense dous prazos para a presentación:

1ª convocatoria, do 10 ao 28 de xuño.

2ª convocatoria, do 2 ao 16 de setembro.

Os límites de renda son:

 

Unidade familiar

Límite de ingresos

anuais en €

2 membros 12.660,02
3 membros 16.176,72
4 membros 18.990,15
5 membros 21.100,16

 

 

Dos ingresos, poderán deducirse ata 250 €/mes no caso de aluguer ou hipoteca.

 

As solicitudes poderán obterse no departamento de Servizos Sociais, no de Educación, no servizo de información municipal e tamén se poderán descargar na sede electrónica do Concello de Vilagarcía: ttp://sede.vilagarcia.gal/e serán presentadas no Rexistro xeral municipal, ou na sede electrónica do concello  http://sede.vilagarcia.gal/  ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 29/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Responder



by Dr. Radut