Skip to Content

Samaín en Rubiáns

Un ano máis, celebramos o noso Samaín no cole. Contamos as nosas historias, escoitamos contos de medo en inglés, queimamos os nosos medos na pota da bruxa Gumersinda que os transformou en chocolate. Pasamos un día terroríficamente divertido.Uuuhhhhhh!!!

 

Día da Biblioteca

Xa que se achega o Samaín celebramos o Día da Biblioteca facendo unhas lecturas de medo, e o alumnado de 5º e 6º leulle a todos os compañeiros e compañeiras.
 
Que ben o fixeron!
 

 

Semana europea do deporte escolar

Sumándonos á celebración da Semana Europea do Deporte e, colaborando con Sabela no seu ano olímpico, durante toda a semana dedicamos 20 minutos cada día a practicar diversos deportes. E pasámolo xenial!!!

Escoitamos a berrea?

O alumnado de 5º e 6º participou nun programa de educación ambiental organizado dende o Minsisterio de Educación. Ademais de coñecer Villardeciervos, Puebla de Sanabria, os Arribes do Douro, os lagos de Sanabria e Valparaíso, escoitamos a berrea (sons que fan os cervos para ligar coas femias), observamos os lobos de preto e fixemos ogradoiros de candeas, xeocaching, radio ou xogos sensoriais.

Compartimos a experiencia co alumnado do CEIP San Juan de Dios, de Granada, onde xa temos uns amigos para sempre. Eles presentáronnos a súa cidade e nós amosámoslle a nosa.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible esta experiencia.

Olimpiadas de Rubiáns

Durante o ano 2024, celebraranse en París os Xogos Olímpicos. Por iso, Sabela vaise converter en campiona olímpica e, como se merece un bo ano olímpico, teremos un curso cheo de carreiras, lanzamentos, saltos, esforzo individual, traballo en equipo e moito compañeirismo. 

Aos seus postos, listos... XA!!!

CEAM Villardeciervos

O vindeiro luns 25 de setembro o alumnado de 5º e 6º participará nun programa nacional de educación ambiental en Villardeciervos (Zamora).

Nos documentos adxuntos pódense ver os detalles da actividade.

Axudas á escolarización en Educación Infantil

O Concello ven de convocar as axudas á escolarización que cada ano pretenden servir de axuda económica ás familias.

Este ano increméntase a partida económica e as familias que reúnan os requisitos recibirían unha axuda de 70€ por neno ou nena da etapa de educación infantil.

O prazo de solicitudes está aberto dende hoxe, 1 de setembro ata o día 30 do propio mes. 

Reunión familias 4º EI (3 anos)

O vindeiro martes día 5 de setembro ás 11:00, terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de infantil (3 anos) 

Autoliquidación comedor curso 2023/2024

As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2023-24 deberán entregar o formulario de autoliquidación cuberto ata o 14 de xullo. 

O horario de entrega da documentación será de 10:00 a 13:00h.

Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prezos de comedores escolares para realizar o cálculo.

Aqueles usuarios que teñan que pagar polo servizo de comedor, entregarán o modelo SEPA cos datos bancarios en setembro, unha vez que se coñeza o nome da empresa concesionaria do servizo.

Listaxe provisional de préstamo de libros de texto

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros, poderán consultala no centro (presencial ou telefonicamente).

Ábrese un prazo de 2 días para reclamacións en horario de 10:00 a 13:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut