Skip to Content

Actividades

Chef de Rubiáns 2018

Por terceiro ano consecutivo celebramos unha actividade que nos encanta, "O Chef de Rubiáns".

Este ano, enmarcado no proxecto de Historia centramos as nosas receitas nos cereais, empregados dende a prehistoria como base fundamental na alimentación ao longo dos séculos.

Contamos, como o ano anterior, coa inestimable axuda de Ricardo Santamaria, presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI).

O alumnado de 6º curso é o principal protagonista nesta actividade e convértense en "chefs" para o resto do cole.

Richard trouxo un montón de fariñas diferentes e explicounos as diferenzas que hai entre os distintos tipos: trigo, millo, espelta, trigo sarraceno, centeo..., fariñas ecolóxicas... que era o pan ácimo (o que non leva lévado) e moitas cousas máis.

Aprendemos, que a pesares da mala fama que teñen os productos con fariña, estes non son malos nutricionalmente falando, se empregamos as fariñas e os ingredientes axeitados.

Coñecemos os "bolos de pote" que non sabiamos o que era, e fixemos uns cantos para poder probalos.

No curso pasado aprendemos a importancia de consumir productos do mar polo que tamén elaboramos un pate de mexillóns que estaba moi bo.

Cando tiñamos todo preparado, xunto coas empanadas de millo e trigo que tiñamos preparadas recibimos ao resto do alumnado para explicarlles tamén a eles

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

080518-Canal Rías Baixas - Rubiáns presume de chefs coas mans na masa

090518 - Faro de Vigo - Rubiáns presume de pequenos panadeiros

Letras Galegas 2018

Para facer as actividades en pantalla completa, pica nos tres puntiños e logo nas flechas.
Demostra canto sabes!!!

 

 

 

 

Día do libro 2018

Hoxe, como cada 23 de abril, conmemoramos o Día do Libro.

Fixemos unha actividade que nos encanta. De 3º a 5º apadriñamos a un neno/a ao que lle lemos un conto escollido por nós.

Este ano tivemos moita sorte,  fixo un día marabilloso así que puidemos gozar da lectura ao aire libre.

Ao rematar os nosos "afillados" agasalláronnos cun marcapáxinas de "Sabela viaxa no tempo" moi chulo.

Tamén fixemos un minilibro sobre os castros.

Lembra: “Un libro aberto é un cerebro que fala; pechado, un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”.
Proverbio Indú.

 

 

 

Día Internacional Muller e Nena na Ciencia

O 11 de febreiro, co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, no cole fixemos un pequeno vídeo para concienciar de que as nenas podemos dedicarnos a calquera cousa que nos propoñamos.

Podes coñecer mulleres científicas e máis datos desta iniciativa nos seguintes enlaces:

Obradoiro de galletas Prehistóricas ; Marta nai de Sara M

Samaín, Halloween

Convertémonos en periodistas

Quen no lo ía dicir? Este curso imos converternos en xornalistas e para saber como tiñamos que facer, o importante que é un bo titular ou unha boa fotografía viñeron os responsables do programa, Bruno Rodríguez e Sonia García, acompañados da redactora María López e o fotógrafo Iñaki Abella da delegación de Arousa de Faro de Vigo.

Nesta visita aprendemos moitísimo, dende a importancia que ten un titular para chamar a atención do público, como a elección das noticias que se publicarán por ter maior repercusión. Ademais fixémonos conscientes do necesario que é contrastar unha noticia antes de publicala, pois todos os días o len miles de persoas tanto en papel coma na versión dixital.

E agora tocanos a nós poñernos mans á obra e escribir o Faro do noso colexio!

 

 Faro de Vigo 11/10/2017

Faro de Vigo 08/11/2017

 

Refráns do Magosto

Este ano dende o Equipo de dinamización lingüística propuxeron recopilar refráns sobre o Magosto e o Outono, pensaban que só íamos atopar un par deles pero non se decataron de que ás familias de Rubiáns lle encantan os retos. Mirade, mirade cantos atopamos!!

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut