Skip to Content

Secretaría

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

 

4º de infantil: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.

6º de infantil: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.

1º de primaria: solicitantes NON ADMITIDOS/AS ao non existir vacantes.

As listaxes só poden expoñerse dentro do centro cumprindo coa normativa relativa á Lei de Protección de datos. Tamén poden consultar o estado da solicitude de maneira telemática, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

 

Listaxe definitiva de préstamo de libros para o curso 2019-20

A listaxe definitiva de libros concedidos en préstamo para o curso 2019-20 pode consultarse no documento adxunto.

 

Observacións:

Nos casos onde pon "Máis 1 libros de adquisición complementaria" non hai que mercar ningún libro.

alumnado de 5º deberá agardar a que saia a listaxe definitiva de centros admitidos no programa Edixgal.

Os libros recolleranse na primeira semana de setembro para forrar e poñer o nome.

Os vales que non foron entregados recolleranse na primeira semana de setembro.

Estade atentos ao calendario e horario de secretaría.

Bo verán!

SOLICITUDE DE MATRÍCULA FÓRA DE PRAZO

Para realizar unha solicitude de matrícula fóra de prazo deberase entregar a seguinte documentación:

  • Teñen que remitir a folla de solicitude (anexo II) correctamente cuberto e asinado por ambos proxenitores (no caso de separación ou divorcio). 
  • Só se cubrirán as dúas primeiras follas. Todas as demais que fan referencia ao baremo non fan falta, xa que estas solicitudes non se bareman.
  • DNI dos pais e do/a alumno/a.
  • Libro de familia con todas as follas, non so na que aparece o alumno/a.
  • Volante histórico de convivencia.
  • Sentencia de separación ou divorcio se é necesario.
  • Xustificación de non aportar as dúas sinaturas, de ser o caso.
  • Boletín das últimas notas.

 

A adxudicación de vacantes realizarase por riguroso orde de presentación de solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut