Skip to Content

CONCURSO DE DEBUXO CANTARELA

Parabéns ás gañadoras do concurso de debuxo organizado pola Asociación Cantarela. Son:

  • Laura Caneda, de 1º ciclo
  • Paula Franco, de 2º ciclo
  • Chenoa Giménez, de 3º ciclo

 

 
Podedes ver a publicación de Faro de Vigo

PLENO INFANTIL

Para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nenos o Concello de Vilagarcía celebrou un Pleno Infantil, no que participamos con 3 concelleiros que defenderon o Dereito dos nenos ao xogo.

 
Podedes ver en dúas entradas do blog da nosa aula a nova nos diferentes medios de comunicación.

MAGOSTO

Un ano máis celebramos o magosto no noso cole. A choiva non nos deixou facer os xogos populares que tiñamos previsto pero pasámolo moi ben cantando e bailando despois de comer as castañas que nos asou Merche e estaban tan ricas.

Maqueta Cantarela

Como cada ano participamos elaborando unha maqueta para o Outono Micolóxico da Asociación Cantarela.

A deste ano está moi relacionada co proxecto documental integrado da nosa biblioteca "Mulleres na Historia"

Gustounos moito facelo! Aquí tedes un video do proceso, esperamos que vos guste!

 

Cantarela´s Model from CEIP Rubians on Vimeo.

XA TEÑO ALFOMBRA NOVA!

GRAZAS PAPIS!

Dixéronme unhas profes que a ANPA trouxo unha alfombra para a miña casa. A verdade é que é preciosa. Mirade!

Agora os contos van soar moito mellor e os nenos e máis eu voltaremos soñar cun mundo de cores.

Agardo que veñades a vela e de paso botedes un ollo aos libros que teño para vós.

Terceiro Outono Fotográfico

Viaxe ao Antigo Exipto

Mirade cantas cousas interesantes puidemos ver! Deuses, faraóns, escarabellos, sarcófagos, a reproducción dunha momia, máscaras funerarias, vasos canopos, xoias, escribas, sacerdotes... Un mundo fascinante.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut