Skip to Content

Contacontos: Ignacio Vilariño

Este curso voltou, despois de dous anos, Ignacio Vilariño a contarnos unha chea de historias.

Pasamos un rato moi divertido, como podedes ver no vídeo, escoitando as historias da tía Lola, o seu burro, Xonás e as baleas, cantando e bailando...

 

Día do libro 2015

Unha das actividades que máis nos gustou do "Día do Libro" deste ano foi o apadriñamento lector.

Escollemos un libro da nosa biblioteca, decidimos un lugar e lémoslles aos máis pequenos.

Gozamos das historias e do pracer de ler todos xuntos!!

 

Charla saúde bucodental

O venres tivemos unha charla moi útil sobre saúde bucodental

A Dra. Zaira e a hixienista Lorena, da Clínica Piñeiro Sande viñeron ao cole a explicarnos unha morea de cousas sobre os nosos dentes e sobre a importancia que ten un bo coidado da boca para evitar problemas e enfermidades.

Aprendemos moitas cousas sobre os dentes, sabiades que os primeiros dentistas foron os barbeiros? ou que o esmalte é a substancia máis dura do corpo humano e só superada na natureza polo diamante?

Amosáronnos como cepillar ben os dentes, sen esquecernos de ningún e de ningunha parte. Lembrade sempre a REGLA DOS 3 (3 veces ao día, 3 minutos) e non esquezades o fío dental!!!

Foi moi divertido comprobar como se lles poñía a boca vermella aos que non lavaran ben os dentes!!!

Moitas grazas pola visita!!

Educación Vial

Esta semana tocounos aprender sobre Seguridade Vial 

De infantil a quinto tivemos a visita de Mino, policía local que, por grupos, foi explicando un montón de cousas moi útiles para a nosa vida cotiá. 

Os de sexto fomos a Fexdega e alí ademais de recibir información moi importante para a nosa formación como cidadáns disfrutamos a tope no circuito cos karts e as bicis. 

Día Internacional da Muller

Como cada ano nesta data tivemos unha charla realizada por unha muller remarcable. 

Precisamente este ano, que estamos traballando Mulleres Importantes na Historia, non podía ser menos, e tivemos a sorte de contar con toda unha arqueóloga. 

A vilagarciá Beatriz Comendador, que ademais de arqueóloga é Vicedecana da Facultade de Historia da Universidade de Vigo (Campus Ourense), conseguiu que non perdesemos detalle e estivesemos moi atentos a todo o que nos contaba. 

Foi unha charla moi interesante e moi entretida na que aprendemos unha morea de cousas sobre arqueoloxía. 

Grazas Bea pola túa visita!!  

Bombeir@s por un día

O pasado martes os mestres do cole tivemos un obradoiro moi especial. 

Ademais de aprender moito sobre as diferentes clases de extintores e como debemos actuar no primeiro momento que detectamos lume, tivemos unha experiencia práctica do máis interesante.

Esperamos non ter que aplicar nunca estes coñecementos, pero mestre precavido vale por dous... :-P 

Agradecemos ao persoal de Protección Civil de Vilagarcía as súas ensinanzas. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut