Skip to Content

Terceiro concurso familiar de reciclaxe 2015

Este curso o tema do noso concurso de reciclaxe foron os niños para paxaros. As familias, coma sempre, fixeron gala dunha imaxinación e creatividade incrible. No seguinte vídeos podedes ver todo o que traballaron.

Dende o centro temos que felicitalas, darlle as grazas e animalos a que sigan participando nos próximos cursos.

Se non podes ver o vídeo preme aquí.

 

25N - Día Internacional contra a Violencia de Xénero

CEIP Rubiáns contra a Violencia de Xénero

Neste cole non paramos!!!

Hoxe estivemos moi atarefados.

Primeiro visitóunos a TVG para facer unha reportaxe sobre o premio Nacional de Educación que acabamos de gañar co proxecto "Mulleres Importantes na Historia".

Cantamos a canción que compuxemos "Que bonito é!" e contestamos ás preguntas que nos fixeron sobre Igualdade. Poderedes ver a reportaxe esta noite as 8.30 na Galega.

Despois vimos o seguinte vídeo e reflexionamos sobre o tema.

 

E para finalizar visualizamos o noso "videoclip" que xa non lembrabamos canto nos gusta!!

Día Mundial dos Bosques Autóctonos e Chef de Rubiáns

O 23 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Bosques Autóctonos e con tal motivo no cole propuxemos varias actividades.

 

A primeira "O Chef de Rubiáns". As familias elaboraron uns postres deliciosos realizados con froitos de Outono e degustámolas na hora do recreo... Mmmmmm, que cousas tan ricas!!!

Tamén mandaron as receitas coas que faremos un recetario para aprender a facer estes doces tan sabrosos.

Graciñas a todas as familias pola súa colaboración.

 

Despois os nenos de primaria, e grazas ás explicacións da profe Conchi aprendemos que é un bosque autóctono. Coñecemos algúns dos animais, árbores e outros seres vivos que viven nos bosques galegos. Tamén aprendemos como o Eucalipto alterou e destrozou moitos dos nosos bosques autóctonos.

Escoitamos esta canción de Migallas para que nos quedara máis clariño.

E por último, algúns nenos recitamos poesías relacionadas cos bosques

Magosto 2015

Como cada ano, a xornada de Magosto convértese nunha festa!

Podedes ver que ben o pasamos comendo castañas e cos xogos populares no seguinte vídeo.

 

Exposición de cabazas Samaín

Como cada ano o cole encheuse de cabazas: unhas terroríficas e outras moi orixinais. Este ano parece que están de moda as cabazas reais a xulgar polas moitas coroas que por alí se viron.

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Feliz Samaín!

Vémonos o martes!

Visita ao Museo Provincial de Pontevedra

O alumnado do 1° ciclo puido gozar dunha visita ao Museo Provincial de Pontevedra. Ademais de aprender unha morea de cousas pasárono xenial.

 

 

Mandado do luns

08/02/2021 00:00
Europe/Madrid

Saída ao teatro dos nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo

Distribuir contido


by Dr. Radut