Skip to Content

Charla "Coñecemos a nosa ría"

O pasado luns tivemos a sorte de paticipar nunha actividade na que coñecemos un pouco máis a nosa ría e algúns dos animais que viven nela da man do GALP, que está desenrolando o proxecto "Por un futuro sostible da nosa Ría".

Luis e Begoña, de Corticata, explicáronnos a importancia dun Parque Nacional e lembráronnos que na Ría de Arousa temos 2 illas pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, unha delas na nosa cidade. Despois, aprendemos a recoñecer as zamburiñas, ostras, mexillóns, navallas, ameixas... e a comprender que cada especie precisa un fondo diferente para vivir (rochas, area...). Rematamos a actividade cun xogo no que tiñamos que identificar diferentes especies de peixes e moluscos e deducir que tipo de fondo mariño precisan para vivir.

Chamounos a atención escoitar que ademais de faros de luz existen faros de son que están situados en lugares con moita néboa.

Tamén nos sorprendeu moito saber que ao carón da Illa de Sálvora se producira un naufraxio, no que houbo máis de 200 falecidos e uns heroes entre os que destacaban un grupo de mulleres que foron quen de rescatar 55 persoas, pese ao mal tempo que había aquela noite.

 

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo 10/12/16

Pontevedraviva 7/12/16

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Contra a violencia de xénero, ACTÚA

O CEIP de Rubiáns súmase á moda do reto do maniquí (mannequin challenge) para loitar contra a violencia de xénero, pois estamos convencidos de que a maneira de acabar con ela é educando e concienciando a toda a sociedade.

Pedímoslle á sociedade que reaccione e actúe ante a violencia de xénero.

 

 

Ante a violencia de xénero non te quedes parado!

Educa, conciencia, reacciona.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Magosto 2016

O venres celebramos a tradicional festa do Magosto!

Que ricas estaban as castañas que Julio nos asou co seu novo trebello! Graciñas Julio!

Despois pasámolo en grande coas "Ondas de Xogos". Divertidos xogos ambientados no mar, no Mar de Sabela claro está.

Os maiores do cole fixeron de perfectos capitáns e guiáronnos aos demais nos diferentes xogos. O marisqueo, a pesca con cana e con redes, a pesca de "arrastre" e as nasas non faltaron neste día festivo, achegándonos a estes aparellos que imos coñecer. En fin, que entre castaña e castaña convertémonos por un rato en autenticos "lobos de mar".

 

Guardar

Guardar

Maqueta Cantarela 2016

Como cada outono participamos na elaboración dunha maqueta para a exposición que organiza a Asociación Micolóxica Cantarela.

Este ano, non podía ser doutro modo, tiñamos que facer a Illa de Cortegada e as súas variedades autóctonas de cogomelos.

Todo o cole participou dun modo ou outro na elaboración da maqueta.

Este ano ata conseguimos que os faros teñan luces!

Foi un traballo duro pero pensamos que vale a pena, non si? Que pensades?

 

Guardar

Samaín 2016

Como cada ano o cole encheuse de cabazas para conmemorar o Samaín.

Incrible o enxeño que teñen as familias para deseñar cabazas terroríficas dentro do PDI: O mar de Sabela

Moitas grazas a todas as familias pola implicación con que participades en todos os proxectos do cole.

Despois de pasar polo túnel do terror, onde máis de un/unha a pesares de facerse o valente levou máis dun susto, escoitamos historias arrepiantes, lemos os nosos propios relatos de terror e saboreamos unha apócema noxenta.

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Impresión 3D

Chegou o momento de devolver a impresora que a Asociación TADEGa nos cedeu grazas ao proxecto que presentamos ao concurso de ideas de creación 3D, Faino ti!

Así que de novo, xuntámonos un sábado para expoñer o noso traballo e charlar sobre as posibilidades didácticas de ter unha impresora 3D na escola.

Imaxe do obradoiro 3d

A nosa experiencia foi moi positiva.

Grazas a TADEGa por abrirnos unha nova ventá pola que introducir o mundo no noso cole.

Premios Proxecta

Hoxe foi un día moi especial para o alumnado do noso cole. En presenza do Conselleiro de Educación e outras personalidades da Xunta de Galicia, unha representación do centro recibiu o Premio Proxecta de Innovación Educativa pola promoción dos hábitos saudables a través de varios programas deportivos.

Estos galardóns de innovación premian as boas prácticas educativas que se están a realizar nos centros galegos. Para un centro pequeno como o noso é unha honra e un orgullo estar entre os 8 centros seleccionados.

Aproveitando que estabamos na Cidade da Cultura, visitamos a impresionante biblioteca do Gaiás!  

Enlace á noticia na web da Consellería: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/20191

 

Reunións informativas de inicio de curso

4 e 5 anos: xoves 8, ás 12:00h.

E. Primaria: martes 13, ás 16:30h.

Resumo actividades O Bosque de Sabela

No seguinte enlace poderedes ver un resumo de todas as actividades que fixemos dentro do proxecto documental integrado deste ano: O Bosque de Sabela, acompañado da música de Roi Casal.

 

O Bosque de Sabela: canción

No cole estamos colléndolle o gusto a isto de facer cancións!

Se o ano pasado compoñiamos "Que bonito é ser muller" para amosar cantas mulleres coñecimos grazas ao PDI "Mulleres Importantes na Historia". Este ano non podía ser menos e así compuxemos "O Bosque de Sabela" na que ademáis de falar dos animaliños do bosque dos que tanto aprendemos, destacamos a importancia de coidar entre todos o bosque, as árbores, os ríos e as flores....

Distribuir contido


by Dr. Radut