Skip to Content

Educación Vial

 Hoxe, tivemos a sesión de Educación Vial no cole.

Como o curso pasado o axente Javier contounos unha morea de cousas interesantes sobre Seguridade Vial.

 Os máis pequenos aprendemos como cruzar nos semáforos e nos pasos de peóns, como camiñar pola rúa (sempre da man dun adulto), como viaxar no coche (sempre na cadeira de seguridade)....

 Os de terceiro aprendemos as precaucións que debemos tomar coma peóns e tamén cando imos na bici.

 En cuarto aprendemos como debemos viaxar no coche e no autobús (sempre hai que poñer o cinto de seguridade, quitarse o plumífero e sentarse correctamente ....
 
 En quinto tocóunos aprender como circular coas bicis.
 
 Os maiores terán máis sorte e irán ao circuito de Fexdega para poñer en práctica todo o que levan aprendendo sobre Educación Vial cos karts e as bicis.
 
 Tamén cara ao final do curso, virá de novo a Policia Local a ensinarnos o coche de Policia. Como nos gusta cando fan soar as sereas!!!

 

 Grazas a este programa os nenos e nenas de Rubiáns somos perfectos cidadáns!

Guardar

Estreamos!!!

Estamos de estrea!!

Por fin, despois de moito tempo e esforzos temos nova aula de Educación Física!

Está tan noviño que dá non sei que pisalo, por iso entre todos temos que coidalo moito.

Debemos levar uns tenis limpiños e sen pedriñas para non estragar a madeira e usalos exclusivamente para a clase de Educación Física e non para xogar no patio.

 

Imaxe dos rapaces estreando o pavillón

Guardar

Festival de Nadal

Como cada ano o festival de Nadal é todo un acontecemento social en Rubiáns.

O salón queda pequeno para recibir ás familias que acoden a ver aos rapaces e rapazas na súa faceta máis artística.

Este ano, non podía ser doutro modo, o noso festival foi unha mestura de mar y tradición. Houbo un pouco de todo, dende as panxoliñas tradicionais ata todo un surtido do máis selecto dos fondos mariños.

O sabor está no mar

Como non podía ser doutor xeito, queremos animar a todas as familias a que dun xeito ou doutro os produtos do noso mar estean presentes nas mesas este Nadal. Dende un paté de mexillóns, ata un arroz con lumbrigante, pasando por vieiras, navallas, polbo, ollomol, ou pescada... ou as espectaculares ameixas de Carril, calquer produto (por sinxelo que pareza) pode vestirse de festa cun pouquiño de imaxinación.

O mellor do noso mar na túa mesa!!!

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Chegou Papá Noel

Directamente chegado de Laponia e nun carro tirado por un brioso corcel, chegou ao cole a visita que máis nos gusta de todas as que recibimos: Papá Noel!! 

Coma sempre os máis pequenos estaban entre nerviosos, asustados, sorprendidos.... esa sensación máxica que non sabes como definir.

O home de vermello repartiu caramelos entre todo o alumnado (os profes tamén levaron que son moi bos ;-) ) e deu moi bos consellos sobre canto había que estudar e como comportarse.

Grazas a ANPA Casanova por axudar a manter a maxia destas datas.

Guardar

Guardar

Limpeza de Praias

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos unha actividade extraordinaria! Fomos limpar a praia da Concha-Compostela!!!

Dentro do programa "Por un futuro sostible da nosa ría" que está a desenvolver o GALP e moi relacionado con noso Proxecto: "O mar de Sabela" puidemos realizar esta saída ben pretiño do mar. É unha actividade tan interesante que ata nos entrevistou a tele!!

Non só limpamos a praia, antes de comezar, Luis e Begoña de Corticata contáronnos por que a praia se chama así, os naufraxios que houbo na ría, a lenda do ouro dos mouros......e o máis importante indicáronnos que tipo de "materiais" tiñamos que recoller: primordialmente os microplásticos para que non os coman as aves nin os peixes, pero tamén vidro, cabichas, papeis.....

Abraiounos a cantidade de cabichas que atopamos e tamén uns pauciños de plástico que todos pensabamos que eran de chupa chups pero resultaron ser os pauciños dos bastonciños de limpar as orellas. Así que moito coidadiño co que tiramos polo váter!!!

Cando chegamos ao final tivemos a sorte de coincidir cun grupo de mariscadores, bueno principalmente mariscadoras, que foron moi amables e quixeron falar un ratiño connosco. José Ramón, moi amablemente, ensinóunos como se usa o raño e explicounos en que consiste o seu duro traballo. Para despedirse animáronnos a estudar moito para que de maiores poidamos optar a un traballo menos duro que o seu.

Despois disto, voltamos ao cole cheíños de frío pero moi satisfeitos polo traballo realizado e coa lección ben aprendida. 

COIDA O MAR, É DE TODOS!!

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia 19/12/16 : Niños de Rubiáns limpian la playa de A Compostela (vídeo)

La Voz de Galicia 19/12/16: Limpieza de la Playa de Compostela (fotos)

Guardar

Guardar

Recollida de alimentos, amigos de Galicia

Unha ano máis as familias de Rubiáns colaboraron coa Fundación Amigos de Galicia na recollida de alimentos para que este Nadal non sexa tan duro nas familias máis necesitadas.

 Imaxe da recollida de alimentos

Moitas grazas ás familias do centro pola vosa solidariedade e xenerosidade.

Guardar

Guardar

Charla Mexillón de Galicia

Hoxe visitounos Ángeles Longa, bióloga responsable do departamento de I+D do Consello Regulador do Mexillón de Galicia quen, dunha forma moi amena e divertida, contounos un montón de cousas sobre os mexillóns tanto dente o punto de vista biolóxico como histórico.

Aprendemos unha morea de cousas moi interesantes: que tipo de animais son, onde viven, como se alimentan, como se cultivan, o bo alimento que son, o seu consumo ao longo da historia....

Quedamos abraiados da cantidade de kilos que se producen nun ano!!!

Descubrimos que os galegos somos pioneiros non so na producción se non tamén  en poutras moitas cousas relacionadas coa industria do mexillón (bateas, barcos con grúa.....)

Canto aprendemos hoxe!!!

Sabiades que 9 mexillóns alimentan tanto coma un bistec? E que das máis de 3.000 bateas máis de 2.000 están na Ría de Arousa?

 

Repercusión en medios:

17/12/16 - Faro de vigo - Los escolares de Rubiáns conocen el proceso de roducción del mejillón

 

Guardar

Guardar

Guardar

IV Certame de Reciclaxe en Familia

Como cada ano ao finalizar o trimestre o cole énchese de orixinalidade e creatividade por parte das familias.

Nos últimos anos o Certame de Reciclaxe en Familia ten que ver co proxecto que estamos levando a cabo no cole e este ano, dentro do "Mar de Sabela" ocorréusenos facer "Acuarios de Refugallo".

Como podedes comprobar no seguinte vídeo a imaxinación non falta nas familias. O enxeño que demostran ano tras ano é impresionante.

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN

Coma o ano pasado, o Centro Comercial Arousa ofreceuse para facer unha exposición cos traballos realizados. Estos estarán expostos durante todas as vacacións de Nadal e o mellor valorado a través da súa web recibirá un agasallo.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

La voz de Galicia, 17/12/16 "Los acuarios más originales están en Rubiáns"

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut