Skip to Content

Telexornal 2017

Como cada fin de curso esperamos ansiosos o Telexornal Resumo do ano, no que os compañeiros de 6º presentan a modo de noticierio todo o acontecido durante o curso.

Esperamos que vós guste tanto como a nós facelo! 

                               (se queres ver o vídeo en pantalla completa clica na palabra Vimeo)

Premio Nacional

Premio Nacional 2016

O pasado 29 de xuño a profe Conchi e a profe Raquel foro a Madrid a recoller o Premio Nacional de Educación á Xestión Medioambiental e Sostenibilidade que nos otorgou o Ministerio de Educación polo noso proxecto "O Bosque de Sabela"

Este premio é un recoñecemento ao traballo realizado durante o curso 2015-16 do que toda a comunidade educativa nos sentimos moi orgullosos. 

Unha vez máis queremos agradecer ás familias e as entidades colaboradoras a súa axuda, non poderíamos facelo sen ela! 

 

Visita de Platis

Hoxe, a pesares de que as clases xa remataron, os máis cativos viñeron ao cole.

O motivo non foi outro que a visita do pintor arousán Juan Carlos Platis Cores para asinar as versións dos seus cadros, "As Mariscadoras" que pintou o alumnado de 3 anos.

Foi un momento de nervios e alegría para os máis pequenos do cole.

Moitas grazas a Platis por cedernos os seus cadros e por achegarse ao cole.

Festival Fin de Curso

Un ano máis despedimos o curso cun festival por todo o alto!

Este, non podía ser doutra maneira, estivo cheo de referencias mariñas.

O resumo das actividades realizadas, a modo de Telexornal, polo alumnado de 6º sempre crea moita expectación e a estrea do vídeo clip da canción "Coida o mar" foi todo un éxito.

Toda a comunidade educativa gozou dunha mañá na que houbo bailes de moitos estilos e ata os cativos de tres anos se atreveron cunha actuación en inglés! Tamén houbo momento para as bágoas, polos maiores que emprenden unha nova etapa no instituto e polos mestres que nos deixan. Sempre seredes parte do Cole!!!

Así puxemos fin a un proxecto apaixonante como foi "O mar de Sabela" agora toca recargar as pilas e empezar a pensar no seguinte proxecto. Estade atentos!!

FELIZ VERÁN!!

Premio Igualdade

Por terceiro ano consecutivo a Concellería de Muller do Concello de Vilagarcia fainos merecedor do XI  Premio Para a Igualdade de Xénero: "Boas Prácticas na Escola" polo noso proxecto "Un mar de mulleres" enmarcado dentro do proxecto documental integrado "O mar de Sabela"

Con este proxecto fixemos entrevistas a mulleres que realizan diversos traballos relacionados co mar: bateeiras, mariscadoras, biólogas mariñas, peixeiras... e ata á Conselleira do Mar!!!

Aprendemos que cada muller pode ser o que ela queira!!

Entrega do premio de Igualdade

O profe Santi e a profe Siña acudiron a recibir este galardón de man do Alcalde Alberto Varela, a Concelleira de Muller, Tania García e representantes do servizo.

Illa do Lixo

Illa do lixo

O 5 de xuño, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente realizamos unha actividade moi interesante.

Cada neno, pegou nun mural que simulaba o mar un envase da súa merenda. Cando rematamos o mural, este converteuse nunha auténtica illa do lixo.

Con esta actividade pretendiamos concenciar ao alumnado que un pequeno xesto como tirar un plástico pode converterse nun auténtico desastre medioambiental.

 

 

Exposición Platis

O cole parece un museo!!!

Tivemos a gran sorte de que o artista vilagarcián Juan Carlos Platis Cores, cedeunos 3 das súas obras "Mariscadoras" para expoñer no cole. MOITAS GRAZAS!!

Aproveitando que tiñamos estas obras de arte tan preto non deixamos pasar a ocasión de versionalas. A nós encántanos o resultado, e a vós?

 

 

 REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

06-06-17 - Faro de Vigo - Las pinturas de Platis inspiran a los alumnos del colegio de Rubiáns

Feira da Natureza

O alumnado de 1º, 2º e 3º visitou hoxe a Feira da Natureza en Silleda.

 

As nosas receitas do mar

Xa podedes disfrutar das riquísimas receitas que trouxéchedes ao colexio. Cal estará máis rica? Probádeas todas e comentade as vosas preferencias.


 

Se aínda queres coñecer máis recetas visita:

   
   

 

Se queres saber moito máis podes descargar a aplicación NON PIQUES NON PEQUES:

Grazas a esta app poderás descubir as mellores épocas do ano para comprar e consumir peixe e marisco de Galicia, identificarás dun xeito sinxelo e moi rápido os tamaños permitidos e tamén poderas coñecer as especies do noso mar!

Podes descargala gratuitamente dende:

 

Guardar

Guardar

Un mar de mulleres!

Un mar de mulleres:

 

A muller e o mar:


 
Distribuir contido


by Dr. Radut