Skip to Content

Samaín

 O Samaín no CEIP de Rubiáns é sempre unha boa ocasión para amosar a creatividade das familias na decoración das cabazas. 

Este ano propuxemos un reto un pouco difícil pois o noso proxecto "Sabela viaxa no tempo" trata da historia. 

Así ao cole viñeron cabazas trogloditas, cabazas momias, cabazas cabaleiros medievais, cabazas reis e raiñas ...... e ata as 3 carabelas de Cristobal Colón! 

Antes de degustar a nosa deliciosa apócema, limos algúns dos relatos terroríficos que escribimos.

Pasamos un rato moi divertido! 

Guardar

Maqueta Cantarela

Como cada ano por esta época traballamos arreo para ter lista a nosa maqueta para a exposición que a Asociación Micolóxica Cantarela celebra dende fai xa moitos anos. 

Como este curso Sabela viaxa no tempo e un dos proxectos do cole inclúe os castros, non podiamos facer outra cousa que representar un castro, pero non un calquera....fixemos "o noso castro", O Alobre! 

Que vos parece? Xenial non si? 

Mulleres

Un dos alicerces da nosa escola é a Coeducación.

Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.

Por iso, a partires deste curso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia")  tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.

Escollemos os nomes de entre as 100 mulleres que aparecen no libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.

"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"


 
Mulleres das aulas

Guarda


 

Entrega do Premio Proxecta

imaxe da entrega dos premios proxecta

Hoxe entregáronse na Cidade da Cultura de Santiago os Premios Proxecta de Innovación Educativa, que destacan as boas prácticas educativas que se están a realizar nos centros galegos.

Da man do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibimos o galardón como 1º clasificado na categoría A, dirixida ao Ensino en Infantil e Primaria.

Este recoñecemento a un centro tan pequeno como o noso fai que nos sintamos felices e moi orgullosos de todo o traballo que estamos a desenvolver.

Non podemos deixar de agradecer a toda a comunidade educativa e ás persoas e entidades colaboradoras, a axuda e implicación no noso proxecto. Esto non sería posible sen eles!

Felicitar tamén aos demáis centros galardoados, á vista dos proxectos seleccionados podemos dicir que se están facendo ben as cousas na Educación Galega.

E non nos esquecemos tampouco de todos aqueles centros que, malia non contar con este galardón, fan un gran traballo cada día.

REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS:

29/09/17 -edu.xunta.es- Román Rodríguez salienta o poder da educación para acadar as mellores oportunidades

29/09/17 - TVG - O medio rural mesturase coas novas tecnoloxías nos premios de innovación educativa

29/09/17 - Galiciaé - Educación premia unha vintena centros polos seus proxectos de innovación.

Guardar

Guardar

Premio Acción Magistral 2017

Mañá darase a coñecer o  proxecto gañador pero no CEIP de Rubiáns xa estamos moi orgullosos de ser xunto co CEIP de Laredo (Redondela) os representantes galegos no Premio a la Acción Magistral.

Independentemente do que pase, ser seleccionados entre os 10  finalistas nacionais é todo un orgullo para a comunidade educativa deste centro.

Cabe destacar que foron 389 os proxectos presentados a este premio.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

pontevedraviva - El colegio de Rubiáns fianlista nacional del Premio a la Acción Magistral 2017

galiciae.com - Un colexio arousán e outro redondelano á final nacional do Premio á Acción Maxistral

Guardar

Guardar

Guardar

Educación viaria

O CEIP de Rubiáns participa no programa de Educación Viaria do Concello de Vilagarcía.

Grazas a este programa, cada ano visita o cole a Policía Local. O axente ensínanos unha morea de cousas para ser peóns e condutores exemplares.

Todos estamos desexando chegar a 6º para poñer en práctica o aprendido  cos Karts e as bicis no circuíto, que este ano, coincidindo coa semana da mobilidade, estaba montado na Praza da República.

Pasámolo xenial! Moitas grazas á Policía Local

Guardar

Inicio curso 2017 - 18

Comezar un curso novo sempre está cheo de emoción, nerviosismo, expectativas, e algún que outro choro....

A felicidade polo reencontro cos compañeiros foi a nota predominante durante toda a mañá e con esta alegría comezamos cos xa tradicionais xogos de benvida.

Este ano, Sabela, a nosa mascota vai a viaxar no tempo para ensinarnos un montón de cousas moi interesantes sobre Historia. Por iso, estes primeiros xogos estiveron "ambientados" en diferentes épocas da historia da humanidade. Convertémonos en trogloditas para cazar mamuts, en cabaleiros da Idade Media participando en torneos, en arqueólogos atopando ósos...... en fin unha maneira divertida de comezar o curso que temos por diante.

FELIZ CURSO A TODOS/AS!!!

REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS:

12/09/17 - Canal Rías Baixas - Unha volta ao cole con viaxe no tempo

Guardar

Guardar

Guardar

Reunións informativas inicio de curso

Informamos das datas e horarios das reunións informativas de inicio de curso:

- Alumnado de Educación Infantil - Xoves día 7 de setembro ás 11:00 horas

- Alumnado de Educación Primaria - Martes 19 de setembro ás 16:00

Coida o mar!!!

Un ano máis chega o verán e con el "a canción do verán"

Este ano pensaban que podería ser "Despacito" ou "Súbeme la radio" pero non contaban co CEIP de Rubiáns.

A que vai a ser, sen dúbida, o éxito do verán é a nova canción composta polo alumnado e mestre de música do cole: "Coida o mar"

A canción ademáis de ter un estribillo pegañoso, difunde unha mensaxe que esperamos afonde en todos os que a escoiten e fagan precisamente eso, coidar o mar!

(se queres ver o vídeo en pantalla completa preme na palabra Vimeo)

Distribuir contido


by Dr. Radut