Skip to Content

Obradoiro de percusión

Hoxe tivemos un obradoiro moi divertido.

Aprendemos percusión!

Ao principio non se nos daba moi ben pero pouco a pouco collemos o ritmo.

 

Estade atentos porque gracias a este obradoiro ides levar unha boa sorpresa un día destes!

Graciñas Didier.

Recollida alimentos

Como cada ano as familias do cole colaboran con Amigos de Galicia na recollida de alimentos.

Coa nosa aportación  agardamos axudar a que estas datas non sexan tan duras para as familias máis necesitadas.

Moitas grazas ás familias do centro pola vosa solidariedade e xenerosidade.

 

CEIP de Rubiáns espazo libre de violencia machista

No CEIP de Rubiáns estamos convencidos de que a educación é a arma fundamental para rematar coa violencia machista.

Xa que as condicións meteorolóxicas non nos permitiron participar na Andaina organizada dende o Concello, sumámonos á iniciativa "Vilagarcía en negro" a través da imaxe.

Hoxe lembramos a cada muller golpeada, a cada muller menosprezada, insultada ou asasinada polas súas parellas ou exparellas.

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO! 

Carreira de campo a través!

Hoxe participamos na carreira de campo a través que nesta ocasión se celebrou en Catoria. Aló fomos con moita ilusión e enerxía!

Tras un gran esforzo varias alumnas e alumnos dos equipos benxamíns feminino e masculino e alevín masculino conseguiron clasificarse para a fase provincial.

A pesares do frío pasamos unha mañá moi divertida, na que ademais de facer deporte aproveitamos a area da praia fluvial para facer xogos e construccións.

Parabéns a todo o alumnado polo seu esforzo!

Magosto 2017

E como non! Un ano máis celebramos o Magosto no noso colexio. A chegada do San Martiño fainos sacar os trompos ao camiño e asar as castañas que tan ricas nos saben na compaña dos nosos amigos.

Despois de sorprendernos coñecendo a importancia das castañas na alimentación dos nosos antepasados antes de traer as patacas e o millo do outro lado do Atlántico, non podiamos facer máis que quentar as nosas manciñas con elas e despois botar uns bailes para que todo o corpo se puxera en movemento.

 

 

Guardar

Convertémonos en periodistas

Quen no lo ía dicir? Este curso imos converternos en xornalistas e para saber como tiñamos que facer, o importante que é un bo titular ou unha boa fotografía viñeron os responsables do programa, Bruno Rodríguez e Sonia García, acompañados da redactora María López e o fotógrafo Iñaki Abella da delegación de Arousa de Faro de Vigo.

Nesta visita aprendemos moitísimo, dende a importancia que ten un titular para chamar a atención do público, como a elección das noticias que se publicarán por ter maior repercusión. Ademais fixémonos conscientes do necesario que é contrastar unha noticia antes de publicala, pois todos os días o len miles de persoas tanto en papel coma na versión dixital.

E agora tocanos a nós poñernos mans á obra e escribir o Faro do noso colexio!

 

 Faro de Vigo 11/10/2017

Faro de Vigo 08/11/2017

 

Samaín

 O Samaín no CEIP de Rubiáns é sempre unha boa ocasión para amosar a creatividade das familias na decoración das cabazas. 

Este ano propuxemos un reto un pouco difícil pois o noso proxecto "Sabela viaxa no tempo" trata da historia. 

Así ao cole viñeron cabazas trogloditas, cabazas momias, cabazas cabaleiros medievais, cabazas reis e raiñas ...... e ata as 3 carabelas de Cristobal Colón! 

Antes de degustar a nosa deliciosa apócema, limos algúns dos relatos terroríficos que escribimos.

Pasamos un rato moi divertido! 

Guardar

Maqueta Cantarela

Como cada ano por esta época traballamos arreo para ter lista a nosa maqueta para a exposición que a Asociación Micolóxica Cantarela celebra dende fai xa moitos anos. 

Como este curso Sabela viaxa no tempo e un dos proxectos do cole inclúe os castros, non podiamos facer outra cousa que representar un castro, pero non un calquera....fixemos "o noso castro", O Alobre! 

Que vos parece? Xenial non si? 

Mulleres

Un dos alicerces da nosa escola é a Coeducación.

Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas.

Por iso, a partires deste curso, ademais de que as aulas do cole teñen nome de muller (dende que traballamos o PDI "Mulleres importantes na Historia")  tamen os grupo-clase serán denominados na web por un nome de muller durante toda a súa etapa educativa no centro.

Escollemos os nomes de entre as 100 mulleres que aparecen no libro "Cuentos de Buenas Noches para Niñas Rebeldes" Ed. Destino.

"Porque todas as nenas merecen crecer pensando que poden ser o que elas queren"


 
Mulleres das aulas

Guarda


 

Entrega do Premio Proxecta

imaxe da entrega dos premios proxecta

Hoxe entregáronse na Cidade da Cultura de Santiago os Premios Proxecta de Innovación Educativa, que destacan as boas prácticas educativas que se están a realizar nos centros galegos.

Da man do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez recibimos o galardón como 1º clasificado na categoría A, dirixida ao Ensino en Infantil e Primaria.

Este recoñecemento a un centro tan pequeno como o noso fai que nos sintamos felices e moi orgullosos de todo o traballo que estamos a desenvolver.

Non podemos deixar de agradecer a toda a comunidade educativa e ás persoas e entidades colaboradoras, a axuda e implicación no noso proxecto. Esto non sería posible sen eles!

Felicitar tamén aos demáis centros galardoados, á vista dos proxectos seleccionados podemos dicir que se están facendo ben as cousas na Educación Galega.

E non nos esquecemos tampouco de todos aqueles centros que, malia non contar con este galardón, fan un gran traballo cada día.

REPERCUSIÓNS NOS MEDIOS:

29/09/17 -edu.xunta.es- Román Rodríguez salienta o poder da educación para acadar as mellores oportunidades

29/09/17 - TVG - O medio rural mesturase coas novas tecnoloxías nos premios de innovación educativa

29/09/17 - Galiciaé - Educación premia unha vintena centros polos seus proxectos de innovación.

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut