Skip to Content

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Bo día familias!

Como sabedes, durante este curso 2018- 2019 seguimos recollendo tapóns de botellas e briks para reciclar.

Todos os tapóns que traedes ó colexio recóllense nas caixas decoradas e habilitadas para elo no corredor traseiro do primeiro andar, concretamente, no Recanto Recíclate.

Unha vez rematado o curso chamaremos á Asociación Amigos de Galicia para que destinen o recollido a unha axuda social.

Seguide reciclando e colaborando!

Moitas grazas!

Recanto "RECÍCLATE", "PROXECTA RECÍCLATE CON SOGAMA" e "OBRADOIROS 3 ERRES"

Ola amig@s!

Aquí estamos de novo traballando duro dende o Equipo de Medio Ambiente.

Esta vez mostrámosvos o "RECANTO RECÍCLATE", situado no andar primeiro e no corredor traseiro, na cal participaron os nenos de 5 anos na decoración do mesmo.

Primeiro: limpamos e recollemos o que había nesa parte do corredor. 

Segundo: empapelamos a parede empregando papel de xornal.

E terceiro: colocamos os paneis informativos realizados polos mestres.

Tamén temos que salientar que este ano participamos no PROXECTA "RECÍCLATE CON SOGAMA", quenes nos enviaron as illas de reciclaxe que vedes na seguinte imaxe:

- un colector azul para papel e cartón,

- un colector amarelo para plásticos e latas,

- un colector verde para orgánicos.

Este ano non solicitamos un composteiro, porque como xa sabedes, dispoñemos de dous no horto escolar. En outra ocasión, recordaremos como temos que empregar o composteiro para ter un horto ecolóxico.

O RECANTO RECÍCLATE quedou chulo verdade?

 

Agora mesmo estamos traballando todos os grupos nos " OBRADOIROS  3 ERRES":

Os nenos de infantil pintaron a madeira  e decoraron as letras R, E e C.

Os nenos de primaria pintarán as letras Í, C, L, A, T e E.

Unha vez rematadas todas colocaremos o panel no recanto e mostrarémosvos o resultado.

Ata a próxima!

Reciclaxe en familia

Un ano máis, e xa van 6 ao finalizar o primeiro trimestre realizamos o certame de reciclaxe en familia.

Cada ano a creatividade e a orixinalidade das pezas aportadas polas familias vai en aumento.

Como o proxecto do cole é "Sabela coñece Galicia" as achegas das familias tiñan que estar relacionadas co mesmo.

A imaxinación é impresionante e o cole enchéuse de hórreos, carros, castros, bateas ... e ata polbo á feira!!!

No seguinte vídeo podedes comprobar que en Rubiáns o que sobra é enxeño.

OS 3 ERRES

Este ano dende o Equipo de Medio Ambiente estamos traballando a fondo sobre SUSTENTABILIDADE e a RECICLAXE. Por iso elaboramos este cartel onde nos aclara fácil e visualmente a importancia dos chamados "3 ERRES": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

OLLO A ISTO:

PATRULLAS VERDES

Ola amig@s!

Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio!

 

.

A Comunidade educativa do CEIP de Rubiáns agradécevos as todas as persoas e entidades que participáchedes e/ou participades no nosos proxecto para establecer hábitos saudables no noso alumnado (familias, clubes deportivos, empresas, institucións, asociacións...) e que nos fixo merecedores deste galardón.

GRAZAS! Sen vós non sería posible.

Chef de Rubiáns 2018-19

Un ano máis os chefs de Rubiáns gozamos cociñando con Richard Santamaria,  presidente da Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI).

Nesta ocasión cociñamos fabas de Lourenzá e outros productos típicos da horta galega, xa que este curso o noso proxecto "Sabela coñece Galicia" está dedicado á nosa terra.

Os de 6º, baixo a dirección do hosteleiro cociñou para o resto do cole, pero ademais degustamos os deliciosos manxares que aportaron as familias.

Todo o alumnado escribiu unha receita tipica coa que se elabora un recetario moi completo.

Grazas a Richard e as familias por facer que esta actividade, da que xa levamos catro edicións, poda realizarse con tanto éxito, sen a vosa colaboración non sería posible.

DIFUSIÓN NOS MEDIOS

27/11/18 - Canal Rías Baixas - O galego o mellor ingrediente da cociña do cole de Rubiáns

28/11/18 - Faro de Vigo - Los pequeños chefs de Rubiáns elaboran platos con fabas de Lourenzá

 

Magosto 2018

Como dicía o refrán? Ah, si! "Polo San Martiño trompos ao camiño". Pois a cumprir coa tradición e a xogar a este e outros xogos tradicionais. E as canicas do premio? Preparadas xa para outro torneo.

Como non pode faltar a música bailamos unhas cancións na roda todos xuntos. Canto nos gusta!

Para rematar o magosto asamos as castañas. Que ricas estaban, e que ben sentan quentiñas...

Samaín 2018

Un ano máis pasamos un día de medo! Igual é o último porque queimámolos todiños.

Despois de decorar o cole cunhas fermosas cabazas que facían referencia a diferentes aspectos de Galicia, lemos os relatos gañadores do concurso e os profes contáronnos uns contos de medo... Que mediño pasamos!

Pero logo queimamos os nosos medos nunha fogueira purificadora; así que agora xa somos máis fortes e podemos co que nos boten.

Distribuir contido


by Dr. Radut