Skip to Content

Visita da Directora de Turismo de Galicia

O pasado xoves a Directora de Turismo de Galicia visitou o noso centro e presentounos Galicia coma destino turístico. Explicounos que hai moito que ver e disfrutar en Galicia: o Ca,iño de Santiago, o termalismo, a natureza, os monumentos, as cidades, a ruta das camelias, a do viño...

Aprendemos que é un sector moi importante para a economía de Galicia e que todavía se poden explotar os nosos recursos moito máis.

Despois, o alumnado de 6º fíxolle unha entrevista na que se interesou pola posibilidade de expltar máis os recursos de Vilagarcía, polos alugueres turísticos ou pola Igualdade de xénero no seu departamento e as dificultades que tivo polo feito de ser muller.

 Moitas grazas pola súa visita!

Escola de Pais-Nais

O vindeiro martes convidámosvos a unha interesante charla coa prestixiosa psicóloga Carmen Loureiro que nos aportará recomendacións moi interesantes para a crianza dos nenos e nenas na sociedade actual.

Non deixedes pasar a ocasión de escoitala!

Lembrade que teremos servicio de gardería para atender aos nenos durante a charla e remataremos cun café.

Día da Paz 2019

Este ano para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz fixemos a palabra paz no teito do patio cuberto con CDs coas fotos de cada neno. Quedou moi chulo non si?

Tamén cantamos/bailamos todos xuntos a Cantarela dos Nenos. Lástima que choveu e non puidemos facelo no patio.

Recíclate con SOGAMA

Hoxe o alumnado de 4°, 5° e 6° aprendeu unha morea de cousas sobre a reciclaxe e descubriu cousas que poden chamar a atención como que non se poden reciclar as perchas, as caixas de pizza ou as palliñas.

E sabedes? Como aprenderon un montón de cousas nesta charla vanllelo explicar aos demais cursos.

 

E agora...

RECÍCLATE CON SOGAMA!

CONCURSO PILABOT

Boas rapaces e familias!

Como xa vos informamos antes do Nadal, dende o noso centro estamos participando no Concurso PILABOT que fomenta a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles entre o alumnado e as súas familias.

Todos os que teñades pilas ou acumuladores nas casas podedes traelos ó colexio dentro da caixa que vos enviamos, para logo xuntalas todas nos colectores habilitados para elo. Ditos colectores están situados no "RECANTO RECÍCLATE".

Xa sabedes que as podedes seguir traendo ata que se leve a cabo o pesado dos contedores (entre o 14 de xaneiro e o 11 de febreiro).

SEGUIDE RECICLANDO!

Grazas por participar!

OBRADOIRO DE RECICLAXE NO NADAL

Ola amig@s!

Como sempre, dende educación infantil seguimos reutilizando e reciclando!

Este Nadal os nenos e nenas de 5 e 3 anos fixeron adornos para levar para a súa casa. Pero mentres non marchaban de vacacións, e como son tan bos... decoraron coas súas manualidades os corredores do colexio!

Nas manualidades empregaron diversos materiais reciclables e sen uso como brochas de pintar, cartón, pratos, pauciños de xeado, recortes de tea e gomaeva, cd´s, etc.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo realizado polos máis pequenos do cole!

Verdade que son uns artistas?

Gracias rapaces!

RECOLLIDA DE TAPÓNS

Bo día familias!

Como sabedes, durante este curso 2018- 2019 seguimos recollendo tapóns de botellas e briks para reciclar.

Todos os tapóns que traedes ó colexio recóllense nas caixas decoradas e habilitadas para elo no corredor traseiro do primeiro andar, concretamente, no Recanto Recíclate.

Unha vez rematado o curso chamaremos á Asociación Amigos de Galicia para que destinen o recollido a unha axuda social.

Seguide reciclando e colaborando!

Moitas grazas!

Recanto "RECÍCLATE", "PROXECTA RECÍCLATE CON SOGAMA" e "OBRADOIROS 3 ERRES"

Ola amig@s!

Aquí estamos de novo traballando duro dende o Equipo de Medio Ambiente.

Esta vez mostrámosvos o "RECANTO RECÍCLATE", situado no andar primeiro e no corredor traseiro, na cal participaron os nenos de 5 anos na decoración do mesmo.

Primeiro: limpamos e recollemos o que había nesa parte do corredor. 

Segundo: empapelamos a parede empregando papel de xornal.

E terceiro: colocamos os paneis informativos realizados polos mestres.

Tamén temos que salientar que este ano participamos no PROXECTA "RECÍCLATE CON SOGAMA", quenes nos enviaron as illas de reciclaxe que vedes na seguinte imaxe:

- un colector azul para papel e cartón,

- un colector amarelo para plásticos e latas,

- un colector verde para orgánicos.

Este ano non solicitamos un composteiro, porque como xa sabedes, dispoñemos de dous no horto escolar. En outra ocasión, recordaremos como temos que empregar o composteiro para ter un horto ecolóxico.

O RECANTO RECÍCLATE quedou chulo verdade?

 

Agora mesmo estamos traballando todos os grupos nos " OBRADOIROS  3 ERRES":

Os nenos de infantil pintaron a madeira  e decoraron as letras R, E e C.

Os nenos de primaria pintarán as letras Í, C, L, A, T e E.

Unha vez rematadas todas colocaremos o panel no recanto e mostrarémosvos o resultado.

Ata a próxima!

Reciclaxe en familia

Un ano máis, e xa van 6 ao finalizar o primeiro trimestre realizamos o certame de reciclaxe en familia.

Cada ano a creatividade e a orixinalidade das pezas aportadas polas familias vai en aumento.

Como o proxecto do cole é "Sabela coñece Galicia" as achegas das familias tiñan que estar relacionadas co mesmo.

A imaxinación é impresionante e o cole enchéuse de hórreos, carros, castros, bateas ... e ata polbo á feira!!!

No seguinte vídeo podedes comprobar que en Rubiáns o que sobra é enxeño.

OS 3 ERRES

Este ano dende o Equipo de Medio Ambiente estamos traballando a fondo sobre SUSTENTABILIDADE e a RECICLAXE. Por iso elaboramos este cartel onde nos aclara fácil e visualmente a importancia dos chamados "3 ERRES": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.

OLLO A ISTO:

Distribuir contido


by Dr. Radut