Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Excelentes Mulleres Científicas E=mc2

 

Ciencia en Movemento achega ao alumnado de 5º e 6º algunhas das Excelentes Mulleres Científicas (E=mc2 ) a través dunha actividade xenial!.

Mulleres tan importantes como Rosalind Franklin, Hedy Lamar ou Hipátia de Alejandría en moitas ocasións non foron recoñecidas e incluso foron menospreciadas.
 
Chama a atención que as mulleres ata non hai moito tempo non puideran ir á universidade, a un laboratorio ou a un observatorio. Aínda así, acadaron logros importantes como fotografar por 1° vez o ADN (fito polo que lle foi outorgado o Premio Nobel a 3 homes que se apropiaron do seu traballo), descubrir como medir a densidade dos líquidos ou o xa imprescindible Internet.
 
Destaca a postura de Pierre Curie, pois cando lle concederon o Premio Nobel por ter descuberto o radio, decidiu non aceptalo se non era compartido coa súa muller, Marie Curie.
 
Con esta actividade queda demostrado que temos que seguir visibilizando a todas estas mulleres tanto para poñelas en valor coma para empoderar ás nosas alumnas e amosarlles que ser muller non é un empedimento para lograr o que se propoñan.

Kings & Queens

O alumnado de 6º manda unha mensaxe moi clara a todas as mulleres: "Non estás soa!" e as animan a chegar onde queiran.

 

8M 2021 - Día da Muller

Cada ano dedicamos o mes a apoderar as mulleres. O 8 de marzo visita o cole unha muller relevante no campo do proxecto anual que estamos a desenvolver.

Este curso, a pesar de non haber visitas, non íamos quedar sen esta actividade. Así que realizamos unha conferencia virtual.

Tivemos a sorte de contar con Marisa Mariñán do Instituto Jane Goodall. (Pioneira e unha das protagonistas do noso proxecto "Mulleres Importantes da Historia" A esta institución pertence Raíces y Brotes, grupos de persoas distribuídas por toda España que limpan as praias e realizan outras accións de concienciación e coidado da natureza.

Marisa contóunos moitas cousas interesantes sobre os plásticos e microplásticos e como acaban convertendo as nosas marabillosas praias en auténticos vertedoiros de lixo.

Tamén nos falou dunha iniciativa moi interesante Movilízate pola Selva! pero eso xa volo contamos noutra entrada.

Ademais nas aulas fixeronse un montón de traballos diferentes para conmemorar esta data. Estade atententos/as que pronto haberá estreas!

Muller e nena na ciencia 2021

O 11 de Febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Este curso fixemos un mural no que destacamos o papel dalgunhas das mulleres máis relevantes en distintos campos da ciencia: Química, Física, Bioquímica, Medicina...  Tamén destacamos algunhas das mulleres máis representativas do noso país, e como non, algunhas das mulleres galegas que xa están facendo historia no campo da Ciencia.

Como non podía ser doutro xeito, gardamos un espacio para as nosas pequenas científicas, quen sabe se desta canteira sae algunha futura premio Nobel!!!!
 
Tamén realizamos unhas actividades interactivas para afianzar todo o aprendido sobre estas mulleres.
 
 
 

 

Boas Practicas de Igualdade

A Área de Igualdade-CIM do Concello de Vilagarcía convoca cada ano os Premios para a igualdade: boas prácticas na escola.

O curso 19-20, grazas ao proxecto MULLERES DE PELÍCULA, fomos merecedores deste galardon, e aínda que xa é o quinto que recibimos, alegrámonos tanto coma co primeiro.

Os premios non son o motor do noso centro pero si son un indicador de que imos por bo camiño.

A igualdade é un dos alicerces da nosa escola. Traballamos en prol da igualdade de oportunidades e facemos moitas actividades para visualizar o papel da muller, que en moitas ocasións quedou solapado por figuras masculinas. Nesta ocasión profundizamos no papel da muller no mundo do cine, os estereotipos sexistas e as mulleres destacadas en moitos máis campos que na interpretación que, a priori, parece ao que están relegadas.

Traballamos para que as nosas nenas se decaten de que unha muller pode facer o que queira, ao igual que un home, e  que loiten polo que elas queiran e tamén para que os nenos as respecten e sexan conscientes das dificultades que teñen para conseguir as mesmas cousas.

Memoria Igualdade 19-20

Unha pequena escolma fotográfica dalgunhas actividades de Igualdade celebradas no cole durante o curso 2019-20

Desafortunadamente quedaron actividades moi interesantes sen realizar debido á situación vivida pola COVID-19

 


 

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

Distribuir contido


by Dr. Radut