Skip to Content

Maios

Para celebrar os Maios, todo o cole participou na elaboración das figuras. O cono, a barca, a caixa, a cruz e o artístico quedaron espectaculares. Tamén preparamos as coplas e fomos a cantalas na praza da Peixería a mañá do 1 de maio.

 

 

 

 

Coñecemos o atletismo da man de Jean Marie Okutu e Santi Ferrer

Hoxe tivemos a sorte de recibir no cole a dous auténticos campións do atletismo. Santi Ferrer e Jean Marie Okutu, saltadores de pértiga e lonxitude respectivamente (e participante en Río 2016 este último).

Falaron connosco sobre a súa carreira deportiva e guiáronos nunha práctica para coñecer as súas especialidades.

Foi unha experiencia fantástica. Moitas grazas aos dous!

 

Listaxe provisional de alumnado admitido para o curso 2024/2025

4º de infantil: todas as solicitudes están ADMITIDAS.

5º de infantil: todas as solicitudes están ADMITIDAS.

1º de primaria: todas as solicitudes están ADMITIDAS.

As listaxes só poden expoñerse dentro do centro cumprindo coa normativa relativa á Lei de Protección de datos. Tamén poden consultar o estado da solicitude de maneira telemática, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Coñecendo os instrumentos grazas ao Conservatorio Municipal

Grazas a unha campaña de promoción do Conservatorio Municipal o alumnado de 1º a 4º puido achegarse aos instrumentos de vento e madeira a través de pezas ben coñecidas para eles.

Que gran experiencia!

 

 

Celebramos o Día do Libro máis olímpico

Como cada ano realizamos o Apadriñamento lector, unha actividade que lle encanta a lectores e espectadores e que coma sempre resultou un éxitazo.

Ademais fixemos un reto olímpico literario, no que todos os cursos, cada un na súa quenda, superou uns retos con trabalinguas, poesía, debuxo..., para chegar á proba final na que tiveron que vestir a Sabela de tenista e obter unhas pelotas coas que xogaremos en canto o tempo o permita, a diferentes modalidades paralímpicas.

O último reto, consistiu en resolver unha adiviña de Gloria Fuertes o que nos serviu de excusa para coñecer á poeta amiga dos nenos e das nenas.

Tras facer todos os retos propostos conseguiron unha pelotas que hoxe empregamos para facer as nosas paralimpíadas. Non faltaron o baloncesto e o voleibol sentados, fútbol para cegos ou boccia.

Foi unha experiencia moi divertida que nos fai reflexionar no que se complican as cousas cando temos unha dificultade engadida. 

 

Escola de familias

 

O vindeiro mércores teremos unha charla moi interesante co psicólogo Daniel Novoa sobre "Ferramentas para o control da frustración e a ansiedade en familia". A charla está organizada polo CFR de Pontevedra dentro do marco ENAPAS, Familia e educación. O cole facilitará servizo de gardería para que poidades asistir acompañados das vosas crianzas. 

Agardámosvos!! 

O profesorado actualiza os seus coñecementos en Primeiros Auxilios

O profesorado actualizou os seus coñecementos sobre primeiros auxilios.

Oxalá non sexa necesario utilizalo!

Entevistamos aos maiores do Centro de Día Vilagarcía

Hoxe recibimos unha nova visita dos maiores do Centro de día Vilagarcía e nesta quenda foi o alumnado de 5° o que tiña preparada unha actividade.
Durante máis dunha hora estiveron entrevistandoos para saber un pouco do seu día a día e de como era a vida antes. Poderedes ler esta entrevista no xornal que entregaremos a final de curso. Como agradecemento entregáronlles uns imáns de recordo.
Despois, eles amosáronos o baile que están preparando para a celebración do aniversario do centro, que realizarán o venres 12.

Obradoiros do SPAD

O alumnado de 5° e 6° tivo a oportunidade de aprender un pouco máis sobre os coidados que debemos ter para coidar a súa saúde con dous obradoiros, un sobre a publicidade -para o alumnado máis maior do cole- e outro sobre as adiccións -para o alumando de 5º.


Será algún dos comics realizados merecedor de ser publicado no xornal? Saberémolo moi pronto.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut