Skip to Content

Historia de Galicia en 10 minutos

O proxecto deste curso é "Sabela coñece Galicia" por iso cando atopamos o excelente vídeo "Historia de Galicia en 10 minutos", non podiamos deixar pasar a ocasión de usalo nas aulas.

Pero en Rubiáns, sempre vamos un paso máis alá. Así que pensamos...... e se o gravamos en galego??

E como non podía ser doutro xeito lanzámonos á aventura. Despois de pedir os correspondentes permisos a Carki Productions, puxémonos mans á obra!!

Este é o resultado. A nós gústanos moito, e a ti.... que che parece??

Graciñas a Carki Productions por permitirnos facer este traballo!

Maios 2019

Como cada ano, traballamos arreo para facer os maios e ensaiar as coplas para cantar o día 1 en Vilagarcía.

Recollemos flores, fiuncho, margaridas, cocos, ovos, paus, xestas, follas de camelio... que adornarán os nosos preciosos maios. Pintamos os ovos, facemos colares de margaridas..... Moito traballamos!!!

Presentamos o cono tradicional, o horreo, a barca, a caixa e unha nova cruz. A que quedaron preciosos?

Día do libro 2019

O mal tempo nesta ocasión non nos permitiu gozar plentamente dunha das actividades que máis nos gustan, o apadriñamento lector.

Así que xa que non podiamos saír a ler polo patio, tivemos que facelo polos corredores do colexio. Aínda así, os maiores gozamos moito lendolles aos pequenos e os pequenos coma sempre ademais de divertirse coas historias que lles contaron fixeron uns marcapáxinas con moito cariño para agasallar aos seus "padriños".

Contacontos "Donas de si"

Dentro do Proxecta "Donas de si" o pasado venres 12 de abril recibimos no cole a visita dun contacontos diferente. 

Ao tempo que nos contaban a vida e obra da pintora galega Maruja Mallo, a ilustradora que acompañaba ao contacontos, ía realizando un debuxo da propia pintora no momento que tivo que marchar exiliada. 

Despois de coñecer a súa biografía, realizamos unha actividade na que seguindo as indicacións da ilustradora todos  os nenos e nenas fixemos un retrato da artista galega. 

Obradoiro: "A miña primeira xoia" Primaria

O alumnado de primaria non quería quedarse sen experimentar co fimo despois de ver as marabillas que o alumnado de infantil fixo coa artista vilargarciana Ana Miguéns .

O pasado xoves puidemos gozar deste obradoiro e realizamos as nosas primeiras xoias coa arxila polimérica.

Foi unha experiencia moi interesante e houbo deseños fantásticos!

Obradoiro: "A miña primeira xoia"

Dentro do proxecto "Sabela coñece Galicia" un dos aspectos que traballamos é a artesanía.

Este venres o alumnado de infantil tivo a sorte de contar coa artista vilagarciá Ana Miguéns para realizar o obradoiro "A miña primeira xoia".

Obradoiro "O Sabor da Aventura está no Mar"

No noso cole, a alimentación ten un papel moi importante por iso participamos nos programas que oferta a Consellería relacionados cos hábitos saúdables.

Nesta ocasión, dentro do Proxecta "Aliméntate ben" realizamos o obradoiro "O sabor da aventura está no mar"

Fixemos uns xogos moi divertidos cos nosos amigos os arroases e lembramos os seus superpoderes.

Coñecendo Pontevedra e o Museo Provincial

O alumnado de 4º a 6º visitaron o Museo Provincial para coñecer a cultura galega, os primeiros converténdose en periodistas e 5º e 6º da man de Castelao.

Aproveitamos ben a viaxe percorrendo o casco antigo da cidade acompañados dunha guía que nos foi explicando moitas curiosidades que descoñecíamos: a forma da igrexa da Virxe Peregrina, a orixe das galerías, o nome antigo de moitas prazas e rúas...

Curioso xeito de convivir xuntos. Convivimos cos parásitos.

Estar dentro do programa O Faro da Escola permitiunos un ano máis achegarnos á ciencia da man do CSIC (Centro Superior de Investigación Científica).

Elena Rodríguez Domínguez, investigadora no Instituto de Investigacións Mariñas deste organismo, explicounos que son os parásitos e como hai casos nos que tanto el coma o hóspede poden beneficiarse mutuamente.

Coñecemos unha orea de datos interesantes. Grazas!

CONCURSO ARTE CON SOGAMA

Bo día familias!

Este curso participamos no Concurso de Arte de SOGAMA. 

O noso centro presenta o panel que fixemos nos obradoiros das TRES ERRES onde empregamos diversos materiais de refugallo e material reutilizable: tea, cartón, papel, botes de deterxente, latas, chapas, esponxa, madeira, etc.

O eslogan do noso cartel é o seguinte:

"RECÍCLATE: POR TI, POR ELES!"

Desexádenos sorte! 

Distribuir contido


by Dr. Radut