Skip to Content

Actividades

Consellos para reducir o consumo de plástico

Con estes consellos será doado reducir o uso de plástico. Xuntos podemos coidar o noso planeta.

Maios 2021

A elaboración dos Maios sempre se converte nunha festa no cole. Este ano non podiamos facer coma sempre e colaborar entre todos para facer os Maios, pero aínda así, non pensabamos quedarnos sen celebrar unha das nosas tradicións favoritas.

Así que decidimos que cada curso faría o seu propio maio. O cole encheuse de cor grazas as achegas por parte das familias de fiuncho, flores, calas, ovos, cocos.....

Quedaron preciosos non vos parece?

Pra a Habana

No Día de Rosalía quixemos lembrar a todos aqueles emigrantes que tiveron que deixar o seu fogar e a aquelas mulleres que quedaron soas coidando os fillos, a casa e a horta, as viuvas de vivos, recitando un fragmento de "Pra a Habana", de Follas Novas.

Día de Rosalía 2021

Rosalía, a nosa, non só é un referente da literatura galega e universal senón que tamén é referente como muller loitadora e defensora da independecia, a liberdade e igualdade das mulleres, ademais de gran defensora da lingua galega.
 
Nos seus poemas denunciaba tamén inxustizas como o clasismo e exclusións, principalmente das mulleres.
 
Estos son algúns dos traballos que se fixeron no cole para conmemorar esta data.
 

Letras Galegas 2020

Este ano non podemos conmemorar como se merecen as nosas Letras.

Deixamos aquí actividades realizadas polo EDLG e Equipo de Biblioteca do cole para que poidades facelas na casa.

Vídeo conto "As pitas baixo a choiva"

 

Actividades da BIBLIOTECA

 

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

Distribuir contido


by Dr. Radut