Skip to Content

Complementarias

8M

O 8M deste ano ía ser moi especial para nós, pois íamos empezar o mural que vai pintar a artista viguesa Eva CasaisNon puido ser, a choiva augounos a festa!

Aínda así, non conseguiu parar a nosa loita para conseguir un mundo igualitario para os nosos nenos e nenas.

Conmemoramos o día da Muller (ademais da charla de Eva do día anterior) con diferentes actividades.

Exposición de mulleres artistas e as súas obras; exposición Bravxs, mulleres científicas, investigadoras e inventoras. Canto aprendemos!!

Nas aulas realizaronse diferentes actividades, dependendo do nivel: dende Pasapalabras de Artistas, manualidades ou traballos sobre diferentes mulleres destacadas en moitos ambitos.

Aínda que imos avanzando en materia de Igualdade, aínda queda moito treito por percorrer e a Educación é o camiño!

Oxalá que algún día non teñamos que conmemorar días como este porque eso significaría que conseguimos unha Igualdade real e efectiva.

Entroido 2022

O Entroido volveu a encher de cor as rúas de Rubiáns.

Nesta ocasión parecían un verdadeiro museu. Ao convite non faltaron nin as clasicas meninas nin as grafitteiras Hassani, pasando por diferentes artistas coma Magritte, Kusama ou os cadros máis famosos de todas as épocas. Veu ata a estatua da Liberdade representando á escultura. E ata tivemos un tanque.... pero que disparaba flores e Paz, tan necesaria nestes momentos.

A pesares das restriccións e de non poder cantar as nosas famosas coplas ou non poder compartir as lambetadas que tanto nos gusta, gozamos dunha tradición que nos encanta.

Gracias ás familias por achegarse a vernos, fainos moita ilusión compartir con vós o que facemos!

Día de Rosalía 22

Hoxe, coincidindo coa data do seu nacemento, conmemoramos o Día de Rosalía.

Ademáis de diferentes traballos de aula sobre a figura da escritora, tamén fixemos uns traballos plásticos dignos de estar colgados das paredes de calquera museo, nacional ou internacional! Somos artistas!!

Tamén plantamos uns preciosos pensamentos que forman parte do xardín adicado a autora de Cantares Gallegos e Follas Novas para "sementar pensamentos" como fixo ela.

 
 

11F - Día da Muller e a Nena na Ciencia

Con motivo da conmemoración do Día da Muller e Nena na Ciencia coñecemos da man do Faro de Vigo e da UCC CSIC Galicia o labor da oceanógrafa, Lara García e a piloto de barcos, Cristina Álvarez. 

A través de videoconferencia observamos imaxes da Antártida e como investigan en grandes buques.

Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos un montón de cousas sobre o traballo destas exploradoras dos océanos.

Pero a cousa non quedou aí, tamén fixemos experimentos, programamos, observamos e ata fixemos lemas.

Viaxamos ao espazo

Esta semana tivemos a sorte de navegar polo Universo da man de ruta Quetzal. Dentro da nosa cúpula/nave puidemos ver o sistema solar e achegarnos ata o Sol, tanto que parecía que nos ía caer enriba. Que grande era!

Ao longo da nosa viaxe vimos os planetas nas súas órbitas, a Vía Láctea, as constelacións e a Lúa, incluída a cara oculta! Aprendemos tamén moito sobre a historia da Astronomía.

 

Día da Paz

Non debería ser preciso celebrar o Día da Paz, pero mentres haxa inxustizas no mundo cómpre adicarlle este día para que reflexionemos no que podemos facer cada un de nós para facer deste un mundo mellor.

Este ano achegámonos a este día dende a arte. Un mural realizado por todo o alumnado e inspirado na obra de Keith Haring preside a entrada do colexio. Dentro, móbiles cos símbolos da paz, interpretacións de Haring, ou o mesmo Guernica, completan unha xornada na que falamos da importancia de facer sentir ben aos demais, o Apartheid, o rexeitamento aos demais...

 

Premios!

Xa sabedes que nos encanta facer cousas. Para "motivar" a participación nalgunha das actividades dotámolas con grandes premios ;-)

Hoxe foi o día de entregar os premios a quen máis froita come, aos gañadores e gañadoras do concurso de postais organizado pola ANPA e aos participantes no certame de reciclaxe en familia.

Esperamos que vos gustaran os agasallos!

 

Visita do pintor José Luis Vázquez Meijide

O venres o pintor vilagarcián José Luis Vázquez Meijide, MEI, visitou o noso centro para darlle a coñecer ao alumnado de 4º, 5º e 6º a súa obra e o camiño que tivo que percorrer ata atopar o seu propio estilo.

Explicoulles o importante que é non renderse e facer o que che gusta aínda que non saibas facelo ben, pois el malia non saber debuxar chegou a ter as súas propias exposicións individuais e expoñer  a súa obra en lugares tan importantes coma a Sala Gaudí en Madrid, Estocolmo ou Alemaña.

Foi un gran descubremento e unha charla moi amena.

Á volta do Nadal será o turno dos compañeiros de primaria.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut