Skip to Content

Isabel Zendal

Actividades da promoción do 2019

Fabricando foguetes

A Ciencia hai que Sabela: Fabricando foguetes. 

O alumnado de 1º puxo a proba os efectos da "propulsión a chorro.... de aire"

 

Excursión de Fin de Curso

Hoxe o cole quedou baleiro!

Marchamos de excursión! Aínda que debido á previsión metereolóxica non puidemos facer a xornada de convivencia como nos gustaría, tivemos dúas actividades moi divertidas.

Mentres que o alumnado de infantil visitaba o Parque de Bombeiros do Salnés o alumnado de primaria realizaba a Ruta da Pedra e da Auga.

Os pequenos/as pasárono xenial probando o equipamento dos bombeiros, subindo aos coches e ata utilizando as mangueiras!!

Os maiores aprenderon sobre a orixe do Mosteiro de Armenteira e realizaron unha busca de pistas moi entretida. Despois conectaron coa Natureza camiñando pola Ruta da Pedra e Da Auga. Que marabilla!

Debido á choiva non puidemos comer todos xuntos na Aldea Labrega como tiñamos pensado pero aínda así foi un día moi divertido.

 

PROTEXE AS ABELLAS!

Este curso coñecemos a importancia de protexer as abellas para unha flora máis diversa.

Despois de observar as abellas en pleno proceso no noso horto, aprendemos as distintas partes das plantas e o proceso de polinización que realizan as abellas nas flores.

Visita ao Pazo de Rubianes (6º inf e 2º Prim)

Esta semana visitaremos por grupos o Pazo de Rubianes

Tiñamos moitas ganas de realizar esta visita para coñecer o histórico Pazo e os seus marabillosos xardíns que se atopa na nosa parroquía. 

O primeiro grupo en poder gozar desta excursión foron o alumnado de 5 anos e o de 2º de primaria.

Os xardíns estaban preciosos, gustóunos moito a visita. Graciñas Pazo de Rubianes!!

Distribuir contido


by Dr. Radut