Skip to Content

O mar de Sabela

Actividades do PDI

Visita CEMMA

Dentro do Proxecto "O mar de Sabela" hoxe visitou o cole Alfredo López, biólogo do CEMMA. Alfredo é o responsable de coidados intensivos da fauna mariña ameazada en recuperación.

O CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamiferos Mariños) é unha ONG galega dedicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tortugas mariñas de Galicia.

Alfredo contounos, dun modo moi ameno e axudado dos Bolechas, unha morea de cousas moi interesantes sobre os cetáceos, golfiños, leons mariños......

O que máis nos gustou foi ver os vídeos que traía dos animais que axudaron no CEMMA.

Moitas grazas pola túa visita, aprendemos moitas cousas e por un momento al menos, todos quixemos ser biológos mariños!!

 

Visita Capitán

Xa sabedes canto nos gusta recibir visitas no noso cole.

Nesta ocasión, visitounos Javier Outón Arias, capitán da mariña mercante.

Foi toda unha experiencia coñecer de primeira man o traballo dun capitán!!

Contóunos un montón de cousas moi interesantes do seu traballo. Non podiamos crer o tamaño dalgúns barcos!!! Todos queriamos saber as "aventuras" que Javier viviu en alta mar. Fixemos unha morea de preguntas.

Moitas grazas pola visita, esperamos que ti gozaras tanto como nós, e tamén por deixarnos os colmillos de cachalote e o otolito da balea. Estamos impresionados!!!

 

Día da Paz

Como cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este ano, enchemos o mar de Sabela de botellas con desexos de Paz.

Colgamos todas as botellas decoradas e  cheas de bos desexos nas entradas do cole, representando con elas un mar de solidaridade.

Despois cantamos unha canción en inglés, xa que  o desexo de Paz é común a todo o mundo e a todas as linguas.

Guardar

Baby Shark

En inglés, dentro do proxecto "O mar de Sabela" (Sabela´s Ocean, como di a teacher) todos andamos polo cole cantando unha canción moi pegañenta: Baby Shark. Por iso os nenos e nenas de 5 anos quixemos facer un video clip para que se vos pegue aínda máis ;-)

Esperamos que vos guste!

Festival de Nadal

Como cada ano o festival de Nadal é todo un acontecemento social en Rubiáns.

O salón queda pequeno para recibir ás familias que acoden a ver aos rapaces e rapazas na súa faceta máis artística.

Este ano, non podía ser doutro modo, o noso festival foi unha mestura de mar y tradición. Houbo un pouco de todo, dende as panxoliñas tradicionais ata todo un surtido do máis selecto dos fondos mariños.

O sabor está no mar

Como non podía ser doutor xeito, queremos animar a todas as familias a que dun xeito ou doutro os produtos do noso mar estean presentes nas mesas este Nadal. Dende un paté de mexillóns, ata un arroz con lumbrigante, pasando por vieiras, navallas, polbo, ollomol, ou pescada... ou as espectaculares ameixas de Carril, calquer produto (por sinxelo que pareza) pode vestirse de festa cun pouquiño de imaxinación.

O mellor do noso mar na túa mesa!!!

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Limpeza de Praias

Hoxe o alumnado de 4º, 5º e 6º tivemos unha actividade extraordinaria! Fomos limpar a praia da Concha-Compostela!!!

Dentro do programa "Por un futuro sostible da nosa ría" que está a desenvolver o GALP e moi relacionado con noso Proxecto: "O mar de Sabela" puidemos realizar esta saída ben pretiño do mar. É unha actividade tan interesante que ata nos entrevistou a tele!!

Non só limpamos a praia, antes de comezar, Luis e Begoña de Corticata contáronnos por que a praia se chama así, os naufraxios que houbo na ría, a lenda do ouro dos mouros......e o máis importante indicáronnos que tipo de "materiais" tiñamos que recoller: primordialmente os microplásticos para que non os coman as aves nin os peixes, pero tamén vidro, cabichas, papeis.....

Abraiounos a cantidade de cabichas que atopamos e tamén uns pauciños de plástico que todos pensabamos que eran de chupa chups pero resultaron ser os pauciños dos bastonciños de limpar as orellas. Así que moito coidadiño co que tiramos polo váter!!!

Cando chegamos ao final tivemos a sorte de coincidir cun grupo de mariscadores, bueno principalmente mariscadoras, que foron moi amables e quixeron falar un ratiño connosco. José Ramón, moi amablemente, ensinóunos como se usa o raño e explicounos en que consiste o seu duro traballo. Para despedirse animáronnos a estudar moito para que de maiores poidamos optar a un traballo menos duro que o seu.

Despois disto, voltamos ao cole cheíños de frío pero moi satisfeitos polo traballo realizado e coa lección ben aprendida. 

COIDA O MAR, É DE TODOS!!

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

La Voz de Galicia 19/12/16 : Niños de Rubiáns limpian la playa de A Compostela (vídeo)

La Voz de Galicia 19/12/16: Limpieza de la Playa de Compostela (fotos)

Guardar

Guardar

Charla Mexillón de Galicia

Hoxe visitounos Ángeles Longa, bióloga responsable do departamento de I+D do Consello Regulador do Mexillón de Galicia quen, dunha forma moi amena e divertida, contounos un montón de cousas sobre os mexillóns tanto dente o punto de vista biolóxico como histórico.

Aprendemos unha morea de cousas moi interesantes: que tipo de animais son, onde viven, como se alimentan, como se cultivan, o bo alimento que son, o seu consumo ao longo da historia....

Quedamos abraiados da cantidade de kilos que se producen nun ano!!!

Descubrimos que os galegos somos pioneiros non so na producción se non tamén  en poutras moitas cousas relacionadas coa industria do mexillón (bateas, barcos con grúa.....)

Canto aprendemos hoxe!!!

Sabiades que 9 mexillóns alimentan tanto coma un bistec? E que das máis de 3.000 bateas máis de 2.000 están na Ría de Arousa?

 

Repercusión en medios:

17/12/16 - Faro de vigo - Los escolares de Rubiáns conocen el proceso de roducción del mejillón

 

Guardar

Guardar

Guardar

IV Certame de Reciclaxe en Familia

Como cada ano ao finalizar o trimestre o cole énchese de orixinalidade e creatividade por parte das familias.

Nos últimos anos o Certame de Reciclaxe en Familia ten que ver co proxecto que estamos levando a cabo no cole e este ano, dentro do "Mar de Sabela" ocorréusenos facer "Acuarios de Refugallo".

Como podedes comprobar no seguinte vídeo a imaxinación non falta nas familias. O enxeño que demostran ano tras ano é impresionante.

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POLA VOSA COLABORACIÓN

Coma o ano pasado, o Centro Comercial Arousa ofreceuse para facer unha exposición cos traballos realizados. Estos estarán expostos durante todas as vacacións de Nadal e o mellor valorado a través da súa web recibirá un agasallo.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

La voz de Galicia, 17/12/16 "Los acuarios más originales están en Rubiáns"

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Distribuir contido


by Dr. Radut