Skip to Content

O Chef de Rubiáns 2024

Por fin chegou o tan ansiado día! O alumnado de 6° tivo a fortuna de cociñar co Richar, de La Malquerida, e coñecer como os alimentos son fundamentais para ter uns bos resultados deportivos. Humus, pementos, cenoiras, cabaciña... unha combinación perfecta para un aperitivo ou unha merenda saudables.
Despois, todo o alumnado gozou coas elaboracións que fixeron as familias inspirándose nos Xogos Olímpicos. Había de todo: aros olímpicos, fachos, biscoitos con diferentes decoracións, pesas, as tortiñas.coa receita segreda de Ana Peleteiro, tortilla francesa... Todo estaba boísimo e como non demos comido todo, mañá darémoslle boa conta.
Moitas grazas a Richard e a todas as familias. Sen vós sería imposible realizar esta actividade.

XOGADE 3º

Que gran día tivo o alumnado de 3° grazas ao programa XOGADE! Xunto a outros centros de Vilagarcía puido achegarse a deportes como a esgrima ou o rugby.

Pasárono xenial!

Coñecemos ao taekwondista paralímpico Alex Vidal

Hoxe tivemos a sorte de coñecer a Alex Vidal, parataekwondista participante en Tokio 2020.
O 4 veces campión mundial falounos de como se iniciou no taekwondo e doutros que practicou. Contounos unha morea de anecdotas e permitiunos preguntar libremente sobre calquera curiosidade que tiveramos.
Alex Vidal deunos unha lección de vida ao explicarnos como a base de ser "cabezón" conseguiu moitos fitos que poderían parecer impensables, como xogar ao voleibol, montar en bici, escribir ou abotoar un pantalón... e chegou ao deporte paralímpico.
Está moi agradecido de onde naceu e de todos os amigos, compañeiros, adestradores (ademais da familia) que tivo ao longo da súa vida, pois nunca se riron del, senón que o axudaban ou tiraban del para que conseguira novos retos.
Foi un auténtico pracer contar con el nesta aventura olímpica.

Coñecemos a praza de abastos

A rapazada do 2° ciclo coñeceu a praza de abastos, a nova biblioteca municipal e tras un paseíño polo paseo da praia chegaron á estación do ferrocarril.

Pasárono xenial mentres coñeceron os rincóns da nosa vila e as marabillas que atopamos no mercado local.

 

Obradoiro Nós mesmas

O alumnado de todas as aulas puideron realizar os obradoiros "Nós mesmas" que nos axudarán a coñecernos mellor e entender o mundo que nos arrodea con actividades e historias adecuadas a cada idade.

Esta actividade conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Solicitude de axuda para libros de texto, material escolar e fondo libros para o curso 2024/2025

A continuación preséntase toda a información de interese relativa á convocatoria de axudas para adquisición de libros de texto e material escolar, así como do Fondo de libros de texto. 

É moi importante ler a información con atención e cubrir os documentos correctamente.

NOTA: naqueles casos de separación, divorcio, non convivencia ou situación similar, a solicitude deberá vir asinada POLOS DOUS PROXENITORES.

A continuación da seguinte presentación pódese descargar a información e os Anexos I e II.

O horario de entrega da documentación será de luns a venres, de 09:50 a 10:40 e de 14:00 a 14:50.

ENLACES:

APLICATIVO FONDO LIBROS

SEDE ELECTRÓNICA

 

 
 
 
 
 
 
 

Coñecendo a Policía Nacional

O alumnado de 6° tivo a sorte de poder coñecer de preto a Policía Nacional grazas á Xornada contraa violencia no deporte que organizou na Praza da Peixeiría.
Montar na súa moto, protexerse co seu escudo, deixar as súas pegadas... e recibir un premio do concurso de debuxo, foron algunhas das actividades que puideron gozar.
Foi unha xornada ben interesante!

Día das Letras Galegas con Luis Vallecillo

Conmemoramos o Día das Letras Galegas e lembrando á homenaxeada deste ano, Luisa Villalta, cun concerto ofrecido por Luis Vallecillo, quen nos fixo cantar a Rosalía e obras de composición propia.

Pasámolo xenial! 

 

Coñecemos os nosos ríos

Hoxe Augas de Galicia realizou un obradoiro co alumnado de 1° a 4° enmarcado nas actividades de formación en concellos con risco de inundación.
Foi moi interesante ver a diferencia de como escorrega a auga segundo teña un solo ou outro e tantas outras cousas que nos achegaron.

Listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 2024/2025

Todas as solicitudes de admisión de novo alumnado presentadas para os niveis de INFANTIL e 1º de PRIMARIA do próximo curso 24-25, foron admitidas.

  • 4º Educación Infantil: 14 solicitudes.
  • 5º Educación Infantil: 1 solicitude.
  • 1º Primaria: 2 solicitudes.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Publicaranse as instrucións en canto sexan remitidas pola Consellería de Educación.

Distribuir contido


by Dr. Radut