Skip to Content

Medio ambiente

Terceiro concurso familiar de reciclaxe 2015

Este curso o tema do noso concurso de reciclaxe foron os niños para paxaros. As familias, coma sempre, fixeron gala dunha imaxinación e creatividade incrible. No seguinte vídeos podedes ver todo o que traballaron.

Dende o centro temos que felicitalas, darlle as grazas e animalos a que sigan participando nos próximos cursos.

Se non podes ver o vídeo preme aquí.

 

Exposición de casiñas de paxaros no Centro Comercial Arousa

Como xa sabedes o proxecto de reciclaxe en familia deste curso foron as casiñas para paxaros. Quedaron tan chulas que o Centro Comercial Arousa non quixo desaproveitar a ocasión para amosarllas a todos os seus clientes e visitantes. 

A exposición tivo unha gran repercusión e foi moi visitada tanto nas instalacións do centro como nas redes sociais. Precisamente, a través do Facebook, fíxose unha votacion para elexir as máis fermosas e as que resultaron gañadoras foron:

No 1º lugar: Érica Vázquez Frieiro

Érica Vázquez Frieiro

En 2º lugar: Lara Rodríguez Frieiro

Lara Rodríguez Frieiro

 

En 3º lugar: Sofía Brea Tobío

Sofía Brea

Podedes acceder á información na súa web.

APRENDEMOS A RECICLAR?

Que vos parece se aprendemos en que colector debemos tirar o lixo?

 

TESTOS DE RECICLAXE

O concurso de macetas está do máis emocionante! Todas son preciosas. Mirade, mirade!

 

Merchi axúdanos a reciclar e prantar

Este ano a través do proxecto de VOZ NATURA estamos aprendendo a reciclar, e participaremos nun concurso de macetas . Merchi axúdanos a decoralas con fermosas prantas

OS PAIS COLABORAN NO HORTO

xa temos navicoles na nosa parcela grazas a Luz a nai  de Noemi!!! a próxima semana traeranos coles asi que precisamos de voluntarios para prantar.

O claustro de profesores e o equipo directivo queren expresar o seu agradecemento a todos os pais de infantil que colaboraron esta semana coa posta en funcionamento do horto escolar.

Guardar

A NOSA PRANTACIÓN

Estes días estivemos a preparar o noso horto. Despois de limpar ben as parcelas pasamos a plantar fresas, xirasois e plantas aromáticas, así que agora toca regar e agardar a que medren.

Aproveitamos a ocasión para agradecer a súa colaboración ao Concello e, máis concretamente ao departamento de xardíns, que tanto nos facilitou a preparación e limpeza do horto co seu traballo.

A NOSA PRANTACIÓN
Distribuir contido


by Dr. Radut