Skip to Content

Rosario Pino (B)

Actividades da promoción do 2018 - B

Momentos especiais do curso 2019/2020

Esta é a última entrada que podemos compartir con vós

 

Tocounos vivir unha situación única

 

Pero... Ainda que tivemos que quedar na casa, e despedirnos de forma extraña, non esquezamos os grandes momentos que fixeron especial este curso

 


Eses xoves e venres que tivemos a ocasión de aprender a cociñar coa Profe Siña

 

 


As creacións tan orixinais que facíades nos recunchos de xogo, e como traballábades en equipo para conseguilos

 

Ou como, sen dicirvos nada, un día os encargados/as de material empezáchedes a gardar os contos en traballo cooperativo. E como, a raíz dese momento, todos os demais fixeron o mesmo

 

Todos estes, foron momentos espontáneos, momentos únicos que tivemos a ocasión de fotografiar

Seguro que quedaron moitos por pasar...

 

Pero o próximo curso, teredes a ocasión de seguir vivindo momentos tan especiais

 

CONTA ATRÁS

PARA COMEZAR

O CURSO ESCOLAR

...

2020/2021

 

 

21 de febreiro de 2020: Entroido!

A verdade que o mes de febreiro tivo cousas moi interesantes...

 

Pero creo que a que máis nos fixo ilusión foi...

ENTROIDO!

 

Caracterizados como Carl Fredicksen, Russel e Kevin, celebramos todos/as xuntos/as esta festa popular galega

13 de febreiro de 2020: Aniversario de Diego Romero

Xusto un día despois de irnos de pesca, tivemos a festa de aniversario de Diego Romero; que estaba a cumprir 5 anos

 

 

MOITÍSIMAS FELICIDADES!

12 de febreiro de 2020: O sabor da aventura está no mar

O mércores 12 de febreiro, tivemos a sorte de asistir a un obradoiro sobre a importancia de incluir na nosa dieta os peixes do mar

 

Primeiro, recibimos moita información

Pero... Despois...

 

TOCOUNOS IR DE PESCA!

Que ben o pasamos e cantos peixes pescamos!

11 de febreiro de 2020: Os monstruos do amor e o Chef Rubiáns

O mércores 11 de febreiro aconteceron varias cousas interesantes cos nenos e nenas de 4 anos

 

Primeiro, os 8 nenos e nenas de Atención Educativa, que estiveron a traballar o Monstruo de Cores, fixeron unha careta para poder convertirse no Monstruo do Amor; e poder repartir cariño e amor por todo o colexio

 

E un pouco máis tarde, tivemos a sorte de degustar todas as receitas que familias e nenos/as preparástedes aproveitando a visita do Chef Richar

 

Distribuir contido


by Dr. Radut