Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Charla 11F. Oceanógrafas do pasado e do futuro

Hoxe tivemos a sorte de comezar as conmemoracións polo Día da Muller e da Nena na Ciencia da man da oceanógrafa e mestra da Universidade de Vigo, que chegou ao cole cargada de imaxes, lupas binoculares, mostras para a observación, reproducións de fósiles en tamaño grande... A cousa pintaba ben!

Aprendemos unha morea de cousas sobre o labor das mulleres no estudo dos océanos, a obtención de mostras, os fósiles, a importancia das cadeas tróficas e como inflúe o que pasa na superficie no fondo do mar..., pero o que máis lle gustou a tooooda a rapazada foi mirar polas lupas binoculares as mostras de area que trouxo, onde puideron buscar fósiles.

Celebramos o 11F coñecendo a mulleres que estudaron os océanos no pasado e tendo claro que hai que adicarse ao que nos guste, independentemente de se es neno ou nena. Quen sabe se das nosas aulas sairá unha oceanógrafa do futuro!

Átomos que xogan ao pilla pilla, La Voz de Galicia, 7 de febrerio de 2023

Los alumnos de Rubiáns se sumergen en el océano, Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2023

 

 

25 N : O chuvasqueiro de Aurora

Versión realizada polo alumnado de primaria do conto sobre a violencia de xénero "El chubasquero de Aurora" de María Márquez.

Nesta ocasión, o conto amosa os sentimentos dunha nena que sofre os malos tratos do seu pai cara á súa nai. Un conto duro que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de poñerlle freo aos casos de maltrato tanto polo ben persoal, como polo dos fillos e fillas.

O alumnado de 1º e 2º púxolle voz ás ilustracións realizadas polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º e que colorearon dixitalmente os maiores.

Hoxe, o alumnado de 5º, fará unha representación para os máis pequenos do cole.

Así bailaba

O alumnado de 5 anos realizou unha versión da canción de Amaia e Rigoberta Bandini para romper os estereotipos de xénero.

A que lles quedou xenial? Mirade.

25N: Videoclip colaborativo cos centros do Concello

Non cabe dúbida que para conseguir algo importante necesítase a unión na loita por unha causa común. Convencidos diso, os centros educativos da cidade unímonos para cantar á esperanza bailando Justito a tiempo, de Rozalem e Kany García.

Día da Ciencia en Galego: Ángeles Alvariño

Coñece a Ángeles Alvariño

Demostra o que aprendiches

Premio de Igualdade 2022

A Concelleira de Igualdade, Tania García, xunto co Concelleiro de Educación, Miro Serén, representantes do CIM e do xurado entregaron o venres os XVI Premios para a Igualdade: Boas Prácticas na Escola.

A Igualdade é parte fundamental no noso Proxecto Educativo, non hai máis que ver a cantidade de actividades que facemos neste eido.

Neste curso visibilizamos o papel da muller no ámbito artístico. Cantas pintoras e artistas incribles foron silenciadas nos libros de Historia e cantas obras de arte realizadas por mulleres foron solapadas por artistas masculinos!

No cole traballamos para que o noso alumnado pense que cando medren poderán ser o que se propoñan independentemente do seu xénero. Que homes e mulleres deben respectarse e que ningunha persoa debe ser discriminada por razóns de sexo, raza ou relixión.

Moitas grazas ao Concello por esta iniciativa que axuda aos centros escolares a realizar actividades en prol da igualdade.

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

LA VOZ DE GALICIA: Rubiáns, A Lomba e Vilaxóan gañan os Premios de Igualdade na Escola de Vilagarcía

Diario de Arousa: Los colegios de Rubiáns, A Lomba e Vilaxoán gana los premios de Igualdade na Escola.

Faro de Vigo: Estos son los colegios ganadores de los Premios pola Igualdade na Escola.

Canal Rías Baixas:

Contacontos ilustrado: Maruja Mallo

  

Dentro do Proxecta "Donas de si" recibimos no cole a visita dun contacontos diferente. 

Ao tempo que nos contaban a vida e obra da pintora galega Maruja Mallo, a ilustradora que acompañaba ao contacontos, ía realizando un debuxo da propia pintora no momento que tivo que marchar exiliada. 

Despois de coñecer a súa biografía, realizamos unha actividade na que seguindo as indicacións da ilustradora todos  os nenos e nenas fixemos un retrato da artista galega. 

Gústounos moito!  Aprendemos moitas cousas sobre Maruja Mallo e tamén como pintar retratos.

Quedáronnos chulísimos!!

8M

O 8M deste ano ía ser moi especial para nós, pois íamos empezar o mural que vai pintar a artista viguesa Eva CasaisNon puido ser, a choiva augounos a festa!

Aínda así, non conseguiu parar a nosa loita para conseguir un mundo igualitario para os nosos nenos e nenas.

Conmemoramos o día da Muller (ademais da charla de Eva do día anterior) con diferentes actividades.

Exposición de mulleres artistas e as súas obras; exposición Bravxs, mulleres científicas, investigadoras e inventoras. Canto aprendemos!!

Nas aulas realizaronse diferentes actividades, dependendo do nivel: dende Pasapalabras de Artistas, manualidades ou traballos sobre diferentes mulleres destacadas en moitos ambitos.

Aínda que imos avanzando en materia de Igualdade, aínda queda moito treito por percorrer e a Educación é o camiño!

Oxalá que algún día non teñamos que conmemorar días como este porque eso significaría que conseguimos unha Igualdade real e efectiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut