Skip to Content

O mar de Sabela

Actividades do PDI

As mulleres do mar

Para coñecer o traballo das mulleres no mundo do mar entrevistamos a varias mulleres que traballan ou traballaron nel: peixeiras, mariscadoras, conserveiras... Todas con traballos moi duros e aos que non se lles da valor.

Estas mulleres foron o sustento das súas familias.

 

Podedes ir abrindo boca coas primeiras entrevistas.


 

Guardar

Guardar

Charla ANFACO

Hoxe visitounos Marina López da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado (ANFACO) e contounos moitas cousas sobre as conservas.

Explicounos que dende moi antigo existen diferentes formas de conservar os alimentos: en lugares secos e escuros, somerxíndoos en diferentes substancias (arxila, mel, aceite, viño, vinagre, graxa) e tamén o salgado e secado de carnes e peixes. Conservar os alimentos sempre foi unha aspiración do ser humano.

A técnica máis importante de conservación na nosa zona foi a salga da sardiña que xa se facía no mundo castrexo!!!

O crecemento deste sector en Galicia, e sobre todo nas Rías Baixas foi espectacular, situándose como o primeiro sector industrial de Galicia e no que a base obreira son e sempre foron as mulleres.

Así que aprendemos un montón sobre as conservas: como xurdiron, a súa evolución, as súas propiedades...

Non pensabamos que houbera todo un mundo por descubrir detrás dunhas latas!

Moitas grazas pola túa visita Marina, un pracer!

Ponlle as pilas ao teu bocata!

Que rica a merenda de hoxe!!!

Dentro do programa Aliméntate ben, do Plan Proxecta, recibimos a visita de dúas PANS (Profesoras da Alimentación e Nutrición Saudable) que nos falaron sobre as conservas, a súa orixe, proceso de elaboración...

Pero o que máis nos gustou deste obradoiro foi a parte práctica, pois non só se trata de saber o bo que son certos alimentos para o noso organismo. Moitas veces amosámonos reacios a probar alimentos novos, pero se non o facemos nunca saberemos se nos gustan ou non.

Eleximos os ingredientes para os nosos bocatas de entre todos os que había: sardiñas, mexillóns, atúns, choquiños, leituga, tomate, olivas, millo... e fomos merendar. Que bos estaban todos!

O atún triunfou pero houbo valentes que se atreveron con todas as conservas mesturadas!!

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Faro de Vigo 24/03/17 - "Educación hasta en la hora del recreo"

La Voz de Galicia 24/03/17- "Alimentación saludable"

Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. No cole fixemos un montón de actividades con poesías relacionadas co Mar.

Dende recitados de poesía sobre o Mar, elaboración de poemas propios,  acrósticos, escribimos poemas sobre faros, caligramas e ata aprendemos matemáticas contando e multiplicando versos!

 Imaxe das poesías sobre farosImaxe das poesías de infantil

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Marzo: mes da muller!

Imaxe dunha muller realizada cos nomes de mulleres e as profesións do mar

No cole dedicamos o mes de marzo á MULLER!

Por iso, este ano, estamos coñecendo as profesións de mulleres relacionadas co mar; como poderedes comprobar hai moitas e moi importantes. 

O día Internacional da Mulller, reunímonos todo o alumnado para falar precisamente diso, das profesións e o mar.

A profe Conchi, amosounos unha presentación coas diferentes profesións ás que se dedican as mulleres, non só mariscadoras como pensabamos.

Tamén vimos un par de vídeos moi interesantes da campaña "Amar o mar" nos que varias mulleres contan o que é para elas amar o mar e tamén do que se debería facer para avanzar a Igualdade neste sector.

Seguindo a liña dos cursos pasados o pasado venres achegouse ao noso cole unha muller que aspira a desempeñar un traballo con moita máis presenza masculina, pois Carmen Názara, é alumna de segundo ano da Escola Naval Militar de Marín.

Carmen contóunos a súa experiencia, os motivos que a levaron a ingresar na ENM e o seu día a día dentro da mesma. Amosounos vídeos das actividades que realizan. Quedamos encantados e abraiados coa súa visita. Aprendemos un montón de cousas.

 Imaxes da visita

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Faro de Vigo - "Una alumna de la Escuela Naval explica su actividad a los niños de Rubiáns"

 

 

Entroido 2017

O Mar de Sabela encheuse de color e criaturas mariñas para festexar o Entroido.

Non faltaron especies da nosa ría e personaxes alén dos mares. Dende peixiños pequerrechiños ata as temidas quenllas, sen esquecernos das sereas e os piratas.... se ata tivemos unha flota de submarinos, amarelos, claro está! 

Desfilamos ata a praza da igrexa,  onde ante un nutrido grupo de familiares cantamos as coplas relacionadas co mar e o noso disfraz que compuxemos entre todos. 

Tamén degustamos os deliciosos postres típicos destas datas que aportaron as familias. 

En definitiva, gozamos dunha xornada moi divertida

COPLAS ENTROIDO 2017

Guardar

Guardar

Charla sobre Pesca Deportiva

imaxes da exposición

A Jorge gústalle pescar, así que é o noso "experto" en pesca deportiva e, xunto a Miguel Ángel explicounos como se prepara a cana, os tipos de cebos segundo o que queiras captura e outras curiosidades.

Guardar

Guardar

Fotografía Submariña

 Hoxe viñeron ao cole Paco Ventoso e Ángel Rey, autores da marabillosa exposición de fotografía que temos estes días no cole.

Con eles aprendemos moitas cousas sobre as especies mariñas que viven na nosa ría. Vimos unha morea de peixes, polbos, centolos..... aprendemos un montón de nomes de peixes que non sabiamos!!

Foi unha charla moi interesante na que nos ensinaron tamén as cámaras coas que fan os vídeos e esas preciosas fotografías e ata trouxeron a botella de osíxeno, como pesaba!!!!

Moitas grazas pola vosa visita e por ensinarnos cousas tan bonitas.

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Faro de Vigo - 15/02/17 - "Los alumnos de Rubiáns descubren la belleza del fondo marino".

La Voz de Galicia - 15/02/17 - "Rubiáns se acerca a la fotografía submarina".

Guardar

Guardar

Exposición Fotográfica

Cartel da Exposición Fotográfica

Esta semán estamos de Exposición Fotográfica no CEIP Rubiáns.

Temos a sorte de contar cunhas fotografías marabillosas cedidas pola FEGAS (Federación Galega de Actividades Subacuáticas) e premiadas en diferentes concursos.

Así mesmo, o vindeiro martes Paco Ventoso e Ángel Rey visitarán o noso cole para falarnos do apaixonante mundo da fotografía submariña??

 Fotografías subacuáticas

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS:

Diario de Arousa - 09/02/17 - "Submarinismo fotográfico y educativo en el cole de Rubiáns"

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Peixes

Dende hoxe temos novos inquilinos no noso estanque!

Esperamos que lles guste e que queden moito tempo alí.

A nós encántanos telos, darlle de comer e saudalos cada mañá.

Benvidos peixiños!

Distribuir contido


by Dr. Radut