Skip to Content

Formalización de matrícula para novo alumnado para o curso 2024/2025

A partir de hoxe, martes 18 de xuño, xa estarán dispoñibles no centro os sobres coa documentación necesaria para a formalización da matrícula do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 24 - 25.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 20 ao 30 de xuño, no propio centro.

HORARIO: a partir do luns 24 de xuño, de 10 a 13 h.

Coñecemos a Vela e o Centro de Tecnificación de Vilagarcía

tivemos a oportunidade de achegarnos á vela e saber que o Centro de Tecnificación de Vilagarcía é o lugar onde todos os deportistas queren adestrar polas boas instalacións e porque alí adestran os mellores.
E para poder facelo máis interesante puidemos probar a subirnos a unha táboa de windsurf e a unha embarcación da clase optimist, a correspondente á categoría ata os 14 anos.
Moitas grazas ao Centro de Tecnificación de Vela, á Federación Galega de Vela e ao adestrador da Selección Galega Pablo Mijares, que se achegou ao cole, por colaborar connosco.

Excursión fin de etapa 2024

O alumnado de 6° leva un gran recordo e moitas experiencias vividas para finalizar o seu paso polo cole. Regresando xa da súa excursión de fin de etapa na que houbo cultura, ocio e ata un dobre aniversario.
Visitaron Madrid, Toledo e Aranjuez. E, por suposto, non faltou o Museo do Prado, o Zoo Aquarium, o Museo de cera, o Bernabeu, O Rei León e o Parque Warner. Unha experiencia inesquecible!

Teatro en inglés con Kids & Us

Neste intenso fin de curso o alumnado de Infantil, 1° e 2° puido gozar dunha obra de teatro en inglés do máis entretida e participativa da man de Kids & Us .

Moitas grazas por contar connosco un ano máis! 

Visita á casa de Rosalía de Castro

Que sorte tivo o alumnado de 3° e 4° que puido visitar a casa de Rosalía e despois achegarse a merendar no entorno da ponte colgante de Sirimbao! Que nervios cruzar a ponte...

Os cegos tamén poden montar en bici

Achegámonos ao ciclismo paralímpico da man do vilagarcián Dani Barreiro, que foi guía do ciclista cego Pablo Rodríguez nas paralimpíadas de Atlanta 96.
Que interesante coñecelo de 1° man!

Literatur 2024

O alumnado de 1° e 2° participou un ano máis en Literatur, actividade para achegar a lectura aos máis peques dentro da Cidade do Libro na que se converte Vilagarcía cada xuño. Coma sempre, voltaron encantados.

Taewondo no cole con Miguel Cuevas

Hoxe visitou o centro Miguel Cuevas, seleccionador galego de varias disciplinas de taekwondo. Acompañado de Marga e Miguel dirixiu unha exhibición espectacular, na que un gran número de alumnos e alumnas do cole amosaron todo o aprendido no Olimpic.
Parabéns a todos os participantes e grazas ao equipo do Olimpic por colaborar connosco.

XOGADE 5º

Nunha nova xornada deportiva dentro do programa XOGADE, o alumnado de 5° coñeceu 4 modalidades deportivas: balonmán, rugby, esgrima e baloncesto. O ambiente que viviron xunto a outro centros educativos da cidade foi moi bo, permitíndlles ver as ventaxas de facer deporte no eido ludico e social, ademais do xa consabido benestar físico.

Distribuir contido


by Dr. Radut