Skip to Content

Complementarias

A VENDIMA

Como xa sabedes este ano o tema proposto dende a biblioteca é "As festas e tradicións de Galicia".

A primeira que nos atopamos no calendario é a vendima, e para achegarnos a ela fixemos mosto.

VOTA AO COLEXIO DE RUBIÁNS

O traballo realizado polo alumnado de 6º curso conseguiu clasificarse para a fase final no concurso RECAPACITA de Mafre. Para conseguir o gran premio final debe ser o traballo máis votado de todos os clasificados.

Anímate e VOTA. É moi doado, só tes que premer neste enlace e depois entrar na Intelixencia Naturalista e votar o nº 9, que é o noso. Hai que premer no ollo vermello.

 

CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

Hoxe tivemos a gran sorte de desfrutar co concerto didáctico que nos ofreceron os mestres da Escola Municipal de Música. Foi fantástico escoitar pezas coma Para Elisa, Susanita, Caillou, Bob Esponja, En el auto de papá, Supercalifrajilisticoespialidoso...

VISITA DE SUSA HERRERA

Que sorte tivemos este curso! A gran Susa Herrera veu ao noso cole para cantar connosco algunhas das súas cancións. Os máis pequenos cantaron os temas do seu libro-cd "Animales Encantadores" e os maiores a súa última publicación "En Cabárceno se oye cantar".

Dende este enlace podedes ver o vídeo que publicou La Voz de Galicia.

Escola Municipal de Música

16/05/2013 10:00
16/05/2013 11:00
Etc/GMT+1

Os mestres da Escola Municipal de Música deleitaranos cunha selección de bandas musicais enlazados na historia dun neno de 8 anos.

Contacontos

16/05/2013 09:50
16/05/2013 10:58
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º acudirá á Biblioteca Municipal para desfrutar cun contacontos.

VISITA Ó CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS

10/05/2013 09:50
10/05/2013 14:50
Etc/GMT+1

O alumnado de 4º, 5º e 6º fará unha visita ó centro de interpretación das Illas Atlánticas, en Vigo.

VISITA DE SUSA HERRERA

06/05/2013 11:00
06/05/2013 14:00
Etc/GMT+1

Para conmemorar o Día do Libro temos a grande sorte de contar coa presenza de Susa Herrera, autora de Libros-CD coma "Animais encantadores", /Todos os animais ao caixón", "Cartas que veñen e van", ou o máis recente "En Cabárceno se oye cantar".

Con ela cantaremos, bailaremos, riremos.... Pasarémolo xenial, por cortesía da editorial Edelvives.

Distribuir contido


by Dr. Radut