Skip to Content

Campo a través 22

O alumnado de 2º a 6º de primaria participou na carreira de campo a través. 

Por fin puidemos reencontrarnos con outros coles. Pasamos unha xornada estupenda e aínda que o importante sempre é participar tamén trouxemos algunha medalliña para o cole. 

;

Día da Ciencia en Galego: Ángeles Alvariño

Coñece a Ángeles Alvariño

Demostra o que aprendiches

Magosto 22

Aínda que o clima parece de primavera, estamos no outono, o tempo do magosto. Hoxe tivemos un día fantástico, comendo unhas ricas castañas asadas e xogando no patio a xogos tradicionais. Aquí tedes unha mostra.

 

 

Convocatoria de eleccións ao Consello escolar

Familias:

 Comunico que durante este mes de novembro terá lugar a renovación parcial do Consello escolar nos diversos sectores educativos (profesorado, familias, PAS).

 Adxunto as instruccións e o calendario de actuacións que lle foi entregado ao alumnado en formato papel.

 

Campo a través 2022

Preme en Sabela para coñecer toda a información da Carreira de Campo a través que realizaremos o vindeiro martes 15.

Samaín 2022

Chega o Samaín. Tempo de medos con bruxas, pantasmas, morcegos e miles de seres arrepiantes. Pero o que máis asusta, son as terroríficas cabazas científicas que chegaron este ano ao noso cole. Quen as faría?

 
E se arrepiantes foron as cabazas, non quedaron atrás as historias creadas pola rapazada. Os gañadores e gañadoras de cada clase viron recompensado o seu talento coa lectura das súas historias aos seus compañeiros e compañeiras. E para non quedar co medo no corpo aproveitamos o día para queimar os nosos medos.
 
Para rematar o día non podían faltar os doces, aínda que non deixamos de apostar por unha opción saborosa e saudable. Cada quen decorou unha mandarina a modo de cabaza que logo agasallou a un compañeiro ou compañeira.
 

Día Europeo do Deporte Escolar

Hoxe celebramos o Día Europeo do Deporte Escolar camiñando pola Vía Verde. Podedes crer que estando tan pretiño aínda non a empregaramos?

A experiencia foi fantástica. O camiño fíxose moi ameno, o tempo acompañounos, non faltaron as risas... que máis precisamos para repetir? Nada! Así que voltaremos, e poida que cheguemos un pouquiño máis lonxe...

Moitas grazas a Protección Civil por coidar de nós no camiño.

Comeza a Digitalweek!

Onte comezou unha aventura para un grupo de alumnos e alumnas do colexio a través da cal mergullaranse durante unha semana nun campamento de lingua inglesa, no que farán actividades tecnolóxicas, xogos e ata unha visita cultural. Que sorte aprender dunha maneira tan divertida!

 

Pasádeo moi ben e aprendede moito!

Festa da bicicleta

O Día sen coches á unha data moi importante para concienciarnos da importancia de coidar o noso planeta. Este ano unímonos á Festa da bicicleta organizada por La Voz de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa dentro das actividades da Semana da Mobilidade.

Na mañá do venres o alumnado de 5º e 6º, acompañado de mestres e membros do clube BTT Trotacumes, desprazámonos en bicicleta ata o Auditorio Municipal, onde nos unimos a rapaces e rapazas de todos os  centros educativos de Vilagarcía para gozar da música da Duendeneta e cruzar os dedos para que nos tocase algún agasallo no sorteo. Mirade, mirade..

Que ben o pasamos! Estamos desexando repetir!

Moitísimas grazas a Trotacumes por toda a axuda durante o traslado e a custodia de bicis.

Distribuir contido


by Dr. Radut