Skip to Content

Visita Papa Noel!

Hoxe, nunha viaxe relámpago dende o Polo Norte recibimos a visita de Papá Noel. Salvo algún choro dos pequerrechiños fixo as delicias de todo o alumnado como podedes apreciar nas seguintes fotos. 

Graciñas pola visita! 

 

Autorización de recollida do alumnado (festival Nadal)

Estimadas familias! 

Se precisades recoller ao voso/a fillo/a o xoves despois do festival aquí tedes a autorización que deberedes cumplimentar e entregar ao titor/a correpondente. 

 

 

 

Premio "Cíes, o paraíso de todos"

Hugo Prego, alumno de catro anos, quedou terceiro na categoría infantil do concurso de debuxo organizado polo Faro de Vigo no certame “Cíes, o paraíso de todos".

Noraboa!!!

25 N 2022

Hoxe conmemoramos o 25 N día internacional contra a Violencia de Xénero.

Ademais dos diferentes traballos na aula, todos xuntos vimos o vídeo do conto que fixeramos entre todos "O Chuvasqueiro de Aurora" a versión de 5 anos da canción "Así bailaba" e o vídeoclip elaborado polos centros educativos do Concello "Justito a tiempo" 

Despois fixemos unhas fotos con panos nas mans en apoio ás nenas iranís, en loita dende o asasinato de Mahsa Amini por non levar o velo ben posto. 

O alumnado de 5º fixo unha adaptación do conto para contarlles ao resto dos cursos. Quedoulles xenial! 

25 N : O chuvasqueiro de Aurora

Versión realizada polo alumnado de primaria do conto sobre a violencia de xénero "El chubasquero de Aurora" de María Márquez.

Nesta ocasión, o conto amosa os sentimentos dunha nena que sofre os malos tratos do seu pai cara á súa nai. Un conto duro que nos convida a reflexionar sobre a necesidade de poñerlle freo aos casos de maltrato tanto polo ben persoal, como polo dos fillos e fillas.

O alumnado de 1º e 2º púxolle voz ás ilustracións realizadas polos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º e que colorearon dixitalmente os maiores.

Hoxe, o alumnado de 5º, fará unha representación para os máis pequenos do cole.

Así bailaba

O alumnado de 5 anos realizou unha versión da canción de Amaia e Rigoberta Bandini para romper os estereotipos de xénero.

A que lles quedou xenial? Mirade.

25N: Videoclip colaborativo cos centros do Concello

Non cabe dúbida que para conseguir algo importante necesítase a unión na loita por unha causa común. Convencidos diso, os centros educativos da cidade unímonos para cantar á esperanza bailando Justito a tiempo, de Rozalem e Kany García.

Renovación parcial Consello escolar

Hoxe, 21 de novembro, publicouse no taboleiro da entrada a candidatura presentada no sector pais/nais, así como, o censo definitivo.

Ábrese un prazo de reclamación de dous días: 22 e 23 de novembro nos horarios facilitados no calendario de actuacións.

Tamén se levou a cabo o sorteo para a mesa electoral no sector pais/nais do vindeiro martes 29 de novembro. As citacións serán enviadas polo alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut