Skip to Content

Charla 11F. Oceanógrafas do pasado e do futuro

Hoxe tivemos a sorte de comezar as conmemoracións polo Día da Muller e da Nena na Ciencia da man da oceanógrafa e mestra da Universidade de Vigo, que chegou ao cole cargada de imaxes, lupas binoculares, mostras para a observación, reproducións de fósiles en tamaño grande... A cousa pintaba ben!

Aprendemos unha morea de cousas sobre o labor das mulleres no estudo dos océanos, a obtención de mostras, os fósiles, a importancia das cadeas tróficas e como inflúe o que pasa na superficie no fondo do mar..., pero o que máis lle gustou a tooooda a rapazada foi mirar polas lupas binoculares as mostras de area que trouxo, onde puideron buscar fósiles.

Celebramos o 11F coñecendo a mulleres que estudaron os océanos no pasado e tendo claro que hai que adicarse ao que nos guste, independentemente de se es neno ou nena. Quen sabe se das nosas aulas sairá unha oceanógrafa do futuro!

Átomos que xogan ao pilla pilla, La Voz de Galicia, 7 de febrerio de 2023

Los alumnos de Rubiáns se sumergen en el océano, Faro de Vigo, 7 de febreiro de 2023

 

 

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, xuntándonos para cantar e bailar dúas cancións. 

Primeiro bailamos A Carrasquiña e despois cantamos a nosa canción do curso pasado "Berra, Berra non á Guerra" 

Deixámosvos aquí tamén o videoclip da canción por se queredes velo. 

Reserva de praza no IES de VILAXOAN para o curso 23-24

 

Informamos ás familias do alumnado de 6º de Primaria que comezou o prazo de Reserva de praza no IES de adscrición IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR (Vilaxoán).

O alumnado deberá traer correctamente cuberto e o antes posible o formulario de reserva de praza co fin de poder realizar dende o centro a reserva telemática correspondente (esta remata o 6 de febreiro).

Nesta ocasión, o alumnado leva para a casa o formulario cuberto e só teñen que revisalo e asinalo para devolvelo ao centro.

No caso do alumnado que non teña previsto cursar a ESO no IES de adscrición, terá que agardar a presentar de xeito presencial o formulario correspondente no IES escollido a partires do 1 de marzo. Enviaremos a información necesaria antes desta data.

         O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut