Skip to Content

Visita do meteorólogo Carlos Fernández

Hoxe visitounos unha persoa moi especial. Un meteorólogo que ademais é o papá de Dani e Andrea. Explicounos o que fai a meteoroloxía, como se poducen diferentes fenómenos meteorolóxicos, que son as enerxías sostibles ou como funciona un aeroxerador. E todo isto con experimentos moi didácticos. Moitas grazas polo teu traballo!!!

 

O Chef de Rubiáns

Hoxe descubrimos, da man de Richard e Dolores, de @malqueridavilla, que a cociña é ciencia porque todo se produce por unha reacción física ou química.
Despois de deixar unha masa a fermentar e unha mazá e un aguacate a oxidar, fomos visitar ao seu proveedor Daniel, que ten a súa horta moi pretiño do colexio, e que nos explicou a importancia de non botarlle produtos químicos. Despois deunos a probar flor de rúcula e follas de mostaza e cadansúa laranxa. Con él estaban outros agricultores ecolóxicos de Asoprovida, que teñen moita experienciaen hortos escolares.

Cando regresamos ao cole puxémonos "mans á masa" e curamos xema de ovo, montamos claras, probamos petacetas, e fixemos esferificacións. Como nos gustou! 

Pero a cousa non quedou aí, todos e todas probamos unha morea de pratos cheíños de ciencia feitos polas familias: galletas e biscoitos con formas moi interesantes (estrelas, bombillas, números, vehículos...), ovos de cores, ADN, flocos de millo, trufas, empanada, magdalenas.... E para que aprendamos todos a facelas xa temos un receitario ben interesante coa recompilación de receitas. 

Moitas grazas, Richard por compartir connosco o teu saber. 

 

Visita de Marcos Vázquez

Hoxe comezamos as visitas das familias para falarnos de ciencias e todo o alumnado do cole, puido gozar dun obradoiro de Astronomía grazas á colaboración de Marcos Vázquez. 
Puidemos facer un "telescopio" e ver as constelacións, coñecer as fases lunares, facer un visor solar para non quedar cegos e un reloxo de sol.
Que cousas máis interesantes!
Grazas Marcos por compartir o teu saber connosco.
 

 

8M. Día da Muller

Hoxe descubrimos que son moitas as científicas nos equipos de investigación, pero van perdéndose como goteiras nunha tubaxe se miramos máis arriba nos postos de dirección debido ao teito de cristal e ao chan pegañento. 
 
Tamén soubemos da man de María de la Fuente Freire, directora do grupo de nano-oncoloxía do IDIS, que en Galicia aprobouse unha lei para que as científicas non sexan penalizadas por ser nais. A Lei Ángeles Alvariño foi promovida por ela mesma despois de ser penalizada por ser nai.
 
María explicounos que están investigando para que teñamos medicinas personalizadas e tamén que os nanomedicamentos teñen o diámetro dun cabelo e levan a menciña xusto a onde fai falta.
 
Despois visitounos Teresa Brianes, empresaria e directora da área de Comunicación e Marketing de Dos Espacios, para falarnos de tecnoloxía, e explicounos que hai moitas menos mulleres en tecnoloxía, sendo maioría na Universidade.
 
Teresa explicounos que na súa empresa máis da metade do equipo está formado por mulleres, aínda que non é o habitual. Contounos que ademais de páxinas web, traballan coa Realidade Aumentada, entre outras cousas, para que poidamos ver un museo ou un lugar, se non podemos facelo físicamente. Para conseguilo, na empresa, aínda que é de tecnoloxía, tamén traballan persoas que estudaron historia, publicidade, deseño gráfico, sistemas, programación...
 
As dúas animaron, tanto a nenas coma nenos, a fixarse moi ben en todos os traballos que hai para que poidan escoller o que máis lles gusta, independentemente do seu xénero.
 
Moitas grazas ás dúas por colaborar connosco!
 

 

Atlético Arousana

Hoxe visitáronnos as chicas do Atlético Arousana para dar a coñecer o que fan no seu club e para darlle visibilidade ao deporte feminino.

Deixáronnos ben claro a vecesidade de seguir celebrando o 8M porque hai moitas diferencias entre o fútbol masculino e o feminino, e o mesmo pasa con outros moitos ámbitos.

 

Non hai idade para facer deporte

O venres visitounos Avelino Barreiro, ciclista vilagarcian de 84 anos e avó dun alumno do cole.
Deixounos a todos abraiados, pois no 2021 fixo 25.000 km e cada día pedalea sobre 200 km. A súa vitalidade e paixón son dignas de eloxio.
 
Grazas a el quedounos ben claro que a vondade e o esforzo son moi importantes, que hai que facer deporte, alimentarse ben e ter moito coidado se circulamos pola estrada, e sempre sen esquecer o casco.
 
Parabens pola túa constancia e moitas grazas por compartilo connosco!
 

 

Estrela Rosaliadecastro

Este ano achegámonos á figura da nosa poeta máis universal observando a relación da súa obra co espazo e coñecendo a estrela que leva o seu nome, xunto ao exoplaneta Riosar.

Nas difererentes imaxes atoparedes información sobre a estrela Rosaliadecastro e a astrónoma Antonia Ferrín.

Entroido 2023

E chegou o Entroido. Ciencia e ciencia por todos os lados. Científicos tolos, reloxos, astronautas, Einsteins, Tois, cohetes, galaxias, laboratorios, inventos e algún que outro choqueiro. Que continúe a festa!!!

 

 

Xornadas de portas abertas

 

 

 

  Poden facer a visita de forma virtual na seguinte ligazón:

TOUR VIRTUAL

 

 

Día da Internet segura

Hoxe conmemoramos o Día da Internet segura cun obradoiro no que aprendemos a detectar o fraude en videoxogos da man do Incibe, fixándonos moi ben en todo o que vemos.

O obradoiro foi moi interesante e aprendemos moitas cousas: que non debemos falar con descoñecidos, que non nos van dar nada gratis e seguro que quedan cos nosos datos, que debemos estar atento ás pistas que nos din que é moi probable que sexa un fraude, coma o nome ou o uso de palabras do tipo "gratis", como comprobar se é unha web segura...

Dentro da web do Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridade) atopamos un apartado para menores, nais e educadores con información, consellos, materiais e recursos, Internet Segura for Kids (IS4K).

Lembrade que consultar as vosas dúbidas no teléfono de axuda 017.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut