Skip to Content

Formalización de matrícula para novo alumnado curso 23-24

A partir de mañá venres, 16 de xuño, xa estarán dispoñibles no centro os sobres coa documentación necesaria para a formalización da matrícula do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 23 - 24.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 20 ao 30 de xuño, no propio centro.

HORARIO: a partir do xoves 22 de xuño, de 10 a 13 h.

Autorización de uso de transporte 23-24

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, é dicir, ter domicilio de residencia ou laboral a máis de 2 km e dentro da zona de influencia do centro: parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

O prazo para entregar a documentacion remata o venres 7 de xullo.

O horario durante o periodo lectivo para entregar a autorización será o mércores e venres de 13:10 a 14:50 horas.

Dende o 22 de xuño será de 10:00 a 13:00h.

Día do Libro

Hoxe, para celebrar o Día do Libro, os nenos e as nenas maiores, contáronlle uns contiños aos máis pequenos de maneira individual. Normalmente gústanos facer esta actividade no patio pero como o día non era o mellor, fixémolo polos corredores do cole. E pasámolo igual de ben. Dúas cousas marabillosas xuntas, os amigos e os libros.

 

 

EXPOSICIÓNS CIENTÍFICAS

E rematamos o 2º trimestre cunha actividade moi especial, as nosas exposicións científicas. Todos os nenos e nenas do cole deron pequenas charlas coma grandes expertos en temas científicos. Aquí tedes unha mostra.

 

 

Visita da bióloga Silvia Allen-Perkins

Continuamos achegándonos á ciencia da mans das familias. Hoxe foi a quenda de achegarnos ao mar da man de Silvia, que traballa no Intecmar.
Explicounos como dende o seu instituto monitorizan todo o mar galego a través de diferentes boias, para saber se hai algún contaminante ou toxina, a súa temperatura e a salinidade.
Tamén entendemos cos seus experimentos o difícil que é que se mesture a auga e como os residuos están a diferente profundidade. 
 
Grazas a Silvia e ao Intecmar por colaborar connosco!

 

 

Día da Poesía 2023

O pasado martes, 21 de marzo, celebrouse o Día da Poesía. Para conmemoralo, o grupo de Expresión Corporal, composto por alumnas e alumnos de 4o, 5o e 6o de Primaria, realizou unha interpretación dun poema musicalizado a través do movemento e a expresión corporal.

O poema elexido foi Estados de Ánimo, de Mario Benedetti, un escritor uruguaio, periodista, poeta e dramaturgo. Poñen voz ao mesmo, nenos e nenas de 3° de Primaria.

Así ben, realizouse con música interpretada polo violonchelista de orixe croata Stjepan Hauser, versionando Now we are free, canción composta por Lisa Gerrard, Hans Zimmer e Klaus Badelt.

Agardamos que vos guste.

Estados de ánimo

Unas veces me siento

como pobre colina

y otras como montaña

de cumbres repetidas.

Unas veces me siento

como un acantilado

y en otras como un cielo

azul pero lejano.

A veces uno es

manantial entre rocas

y otras veces un árbol

con las últimas hojas.

Pero hoy me siento apenas

como laguna insomnecon un embarcadero

ya sin embarcaciones

una laguna verde

inmóvil y paciente

conforme con sus algas

sus musgos y sus peces,

sereno en mi confianza

confiando en que una tarde

te acerques y te mires,

te mires al mirarme.

Mario Benedetti,

 

“Canciones de amor y desamor”, Poemas de otros (1973-74)

Visita de Berta Dávila

Hoxe visitounos Berta Dávila grazas á colaboración de Faro da Escola e Edicions Xerais de Galicia para charlar connosco sobre o seu libro Demetrio Demoscopio perdeu a chispa.
Cando Demetrio Demoscopio perdeu a súa chispa o pequeno André decidiu axudalo a recuperala para o que andivo maquinando como conseguilo: dende contarlle chistes ata meterse nun libro máxico.
 
Unha conversa ben interesante na que descubrimos a unha escritora consagrada que se achega por 1° vez á literatura infantil.
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut