Ola amig@s!
Aquí estamos de novo traballando duro dende o Equipo de Medio Ambiente.
Esta vez mostrámosvos o "RECANTO RECÍCLATE", situado no andar primeiro e no corredor traseiro, na cal participaron os nenos de 5 anos na decoración do mesmo.
Primeiro: limpamos e recollemos o que había nesa parte do corredor.
Segundo: empapelamos a parede empregando papel de xornal.
E terceiro: colocamos os paneis informativos realizados polos mestres.
Tamén temos que salientar que este ano participamos no PROXECTA "RECÍCLATE CON SOGAMA", quenes nos enviaron as illas de reciclaxe que vedes na seguinte imaxe:
- un colector azul para papel e cartón,
- un colector amarelo para plásticos e latas,
- un colector verde para orgánicos.
Este ano non solicitamos un composteiro, porque como xa sabedes, dispoñemos de dous no horto escolar. En outra ocasión, recordaremos como temos que empregar o composteiro para ter un horto ecolóxico.
O RECANTO RECÍCLATE quedou chulo verdade?
Agora mesmo estamos traballando todos os grupos nos " OBRADOIROS 3 ERRES":
Os nenos de infantil pintaron a madeira e decoraron as letras R, E e C.
Os nenos de primaria pintarán as letras Í, C, L, A, T e E.
Unha vez rematadas todas colocaremos o panel no recanto e mostrarémosvos o resultado.
Ata a próxima!